Candy Apple Grey é un álbum da banda estadounidense de rock alternativo Hüsker Dü, publicado en marzo de 1986. Foi o seu primeiro disco a través dun grande selo, Warner Bros. Records, aínda que esta discográfica xa presionara ao grupo para editar Flip Your Wig, que finalmente lanzou SST Records. Candy Apple Grey tamén marca o final da transición da banda do hardcore punk a un estilo máis redondeado que posteriormente sería coñecido como rock alternativo ou rock universitario. Como viña sendo normal, Bob Mould e Grant Hart compuxeron as cancións do álbum individualmente. Aínda que o primeiro estilo máis frenético do grupo é evidente, Candy Apple Grey tamén conta con material máis introvertido e atenuado, incluíndo unha cantidade relativamente grande de guitarras acústicas.
Os sinxelos editados para este traballo foron "Sorry Somehow" e "Don't Want To Know If You Are Lonely", ámbalas dúas compostas e cantadas por Hart. O último foi caompañado por un vídeo promocional que chegou a aparecer na MTV. Candy Apple Grey foi o primeiro álbum de Hüsker Dü en entrar na lista Billboard 200, pero aínda que apareceu na radio e na MTV non baixou do posto 140.
Listaxe de cancións
Categoría:Álbums de Hüsker Dü Categoría:Álbums musicais de 1986 Categoría:Álbums de Warner Bros. Records