Mathis Bolly, nado en Oslo o 14 de novembro de 1990, é un futbolista noruegués–marfilés que xoga como centrocampista co Greuther Fürth.
Traxectoria De pai marfilés e nai norueguesa, Bolly medrou no barrio de Holmlia en Oslo, e xogou nas seccións inferiores do Lyn, Oppsal e Holmlia antes de fichar polo Lillestrøm en 2008. Fixo o seu debut no primeiro equipo na Tippeligaen contra o Stabæk e xogou dous partidos na súa primeira tempada co club. Na segunda tempada, en 2009, xogou dez partidos na división de honra. Bolly logrou o seu primeiro gol na máxima competición norueguesa nunha vitoria 1–0 contra o Sandefjord o 3 de outubro de 2010. Durante a tempada 2012 marcou catro goles e fixo catro asistencias. Logo aceptou unha oferta do Fortuna Düsseldorf e o 2 de xaneiro de 2013, firmou por tres ano e medio co club alemán.
Debutou na Bundesliga nun enconro contra o Mainz 05 como substituto. No seguinte partido, contra o FC Bayern München o 9 de marzo de 2013, puntuou para o Fortuna Düsseldorf nunha derrota 3–2. E na semana seguinte deulle outro gol ao equipo nun empate 1–1 contra o VfL Wolfsburg.http://www.tv2.no/sport/fotball/tyskland/her-scorer-mathis-bolly-i-bundesliga-igjen-4009601.html Her scorer Mathis Bolly i Bundesliga igjen. TV 2, 15 de marzo de 2013 O Fortuna Düsseldorf baixou de categoría na tempada 2012–13 mais Bolly permaneceu co equipo na 2. Bundesliga
Carreira internacional Bolly xogou tres partidos coa selección norueguesa sub-19 en 2009 pero en maio de 2013 o adestrador da selección de Costa do Marfil convocouno para a rolda de clasificación do mundial contra Gambia e Tanzania. Xogou o seu primeiro encontro con Costa do Marfil contra Gambia o 8 de xuño de 2013. O seu segundo partido foi nun amigable contra México en agosto de 2013, xogando ao lado de Didier Drogba. Tamén o chamaron para xogar con Costa do Marfil no Mundial de Fútbol Brasil 2014 no Brasil, e debutou nun mundial na segunda parte no partido contra Colombia.
Notas
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Costa do Marfil Categoría:Xogadores do Lillestrøm SK Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Noruega sub-19 Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Nados en Oslo Categoría:Xogadores do Fortuna Düsseldorf Categoría:Xogadores do Spielvereinigung Greuther Fürth Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014