Carmen Temprano Salorio, coñecida polo alcume A Moza, nada en Sada o 11 de novembro de 1926 e finada en Zas (Negreira) o 5 de marzo de 1949, foi unha guerrilleira antifranquista galega.
Traxectoria Botouse ao monte no verán de 1948 ao ser descuberta a relación que mantiña con José María Castelo Mosquera. Integrante do grupo de Juan Couto Sanjurjo "Simeón". O 21 de xullo dese ano foi ferida en Beldoña (Abegondo) nun tiroteo coa Garda Civil, na mesma noite na que ardeu a casa do concello de Abegondo nun incendio provocado. Vestía con roupa masculina.
Morreu ao fuxir logo de que a Garda Civil descubrise o seu agocho nunha casa de Zas (Negreira). Os seus restos mortais foron localizados nunha fosa común á beira da Igrexa de Santa María de Páramos en outubro de 2016. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Abrindo fosas, pechando feridas
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Sada Categoría:Finados en 1949 Categoría:Nados en 1926 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes