dereita|miniatura|250px|Lanzamento do Transbordador espacial Discovery, misión STS-120. O transbordador espacial ou lanzadeira espacial da NASA, oficialmente chamado «Space Transportation System» (STS ou Sistema de Transporte Espacial en galego), foi a astronave empregada durante 30 anos polo goberno dos Estados Unidos de América para as súas misións tripuladas no espazo, que foi retirado de servizo no 2011. A plataforma de lanzamento componse dun gran tanque externo (ET), de cor vermella, dous foguetes aceleradores sólidos (SRB), de cor branca, e un avión espacial, o cal é o transbordador espacial propiamente dito. O transbordador mesmo conta cos seus propios motores principais (SSME).
A lanzadeira transportou astronautas e carga útil (tal como satélites ou partes da estación espacial) até a órbita baixa terrestre, na parte superior da atmosfera terrestre (ou termosfera). Polo xeral, a súa tripulación estivo composta por cinco ou sete persoas. A capacidade de carga útil foi de 22 700 kg. Cando a misión do transbordador rematou, foron accionados ps propulsores da «Orbital Maneuvering System» (OMS ou Sistema de Manobra Orbital) e reentrou na baixa atmosfera. Durante o descenso, o orbitador desacelera a súa velocidade hipersónica principalmente a través da aerofreada, e despois, polo proceso de aterraxe, actuou como un planador, aterrando totalmente sen a axuda dos motores («deadstick»).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Columbia Transbordador espacial Challenger Transbordador espacial Discovery Transbordador espacial Atlantis Transbordador espacial Endeavour
Ligazóns externas Manual de referencia NSTS (1988) Como funciona a lanzadeira espacial NASA Human Spaceflight - Shuttle (status actual de misións de lanzadeiras)
Categoría:Aeronaves Categoría:NASA Categoría:Programa STS