miniatura|dereita|X. p. percussus femia. miniatura|dereita|X. p. percussus inmaturo. Xiphidopicus percussus é unha especie de ave Piciforme ou peto, endémica de Cuba. É a única especie do xénero Xiphidiopicus. É un peto relativamente pequeno cuxos hábitats naturais son os bosques secos e húmidos, terras baixas húmidas e antigos bosques moi degradados. Non se considera especie en perigo, xa que as súas poboacións se conservan ben.

Nomes En grego xiphos significa 'espada', e idio é 'propio', e en latín picus é o nome que se lle dá á ave 'peto, picapau'; é dicir, o seu nome significa 'peto con espada'. O nome específico, percussus en latín deriva de percutir ou golpear. En canto aos nomes subespecíficos, insulaepinorum é 'de Illa de Pinos', monticola é 'do monte', gloriae é 'dedicado a Gloria', e cocoensis é 'de Cayo Coco'.

Distribución É común en toda Cuba, pero só é frecuente en áreas boscosas. Poden ser bosques secos, de piñeiros, semicaducifolios ou costeiros.

Subespecies X. p. percussus, ( Temminck), 1826, da illa de Cuba e moitos illotes. X. p. insulaepinorum, Bangs, 1910, da illa da Xuventude (ou de Pinos). X. p. monticola, Garrido, 1971, de Cupeyal, Baracoa, en Guantánamo. X. p. gloriae, Garrido, 1971, de Cayo Cantiles X. p. cocoensis, Garrido , 1978 , de Cayo Guillermo

Descrición Miden uns 23 cm de longo (a femia lixeiramente máis cativa). As costas son verde oliva intensas e o peito e o ventre son amarelos con raias lonxitudinais escuras que no abdome se xuntan aos lados formando bandas negras. A cabeza é branca polos lados cunha banda negra detrás do ollo, e a coroa (que vai da fronte á caluga) no macho é vermella e na femia é raiada en negro e branco diante e vermella detrás. Na parte baixa da gorxa e na parte alta do peito teñen unha mancha vermella. O peteiro é azulado, o iris do ollo é vermello e as patas son gris-verdosas. Os inmaturos teñen o dorso máis opaco, a gorxa e peito alto negros e a coroa vermella.

Andan en bandos pequenos ou en parellas. Voan sonoramente a diferenza doutros petos cubanos. Peteiran os troncos, con golpes repenicantes. Procuran o seu alimento debaixo da codia e entre as pólas e follas sen baixaren nunca ao chan. Son moi activos e áxiles. Poden manterse nas árbores en posicións invertidas. Comen insectos, larvas e ras pequenas, e tamén pequenos froitos.García, F. (1987). Las Aves de Cuba. Especies endémicas. Subespecies endémicas. Tomos I y II. Editorial Gente Nueva, La Habana. 207 pp.Garrido, O.H.; Kirkconnell, A. (2000). Birds of Cuba. Helm Field Guides, Londres. 253 pp.

Niños Nidifican entre xaneiro e agosto. Fan os seus niños escavando en troncos de árbores mortas ou vivas, a máis de 2 metros do chan, un burato de entrada circular pequeno, afondando cara a abaixo. En marzo poñen de 3 a 4 ovos brancos que miden 2,7 cm de longo por 2 cm de ancho. O son do voo é o sinal de cambio de quenda para que a parella que está incubando saia do niño e sexa relevada.

Notas

Categoría:Piciformes Categoría:Animais descritos en 1826 Categoría:Fauna endémica de Cuba