A seguir, recóllese a pegada da oliveira na cultura popular galega a través de crenzas, refráns e cantigas.

Refraneiro Aceite, carne, pantrigo e sal, mercadoría real. Aceite, no alto; viño, no medio; mel, no baixo. Aceite, o de enriba; viño, o do medio; mel, o do fondo. Aceite, viño e amigo, millor canto máis antigo. Aceitona e fertuna, ás veces moitas e ás veces ningunha. Aceitonas acedas, pan con elas. Aceitona, unha abonda. Aceitona, unha é ouro; dúas, prata; a terceira, mata. Aceitona, unha; e se é boa, unha ducia. Aceitona, unha por San Xoan, e un cento por Navidá. Aceitona, unha soila, dúas millor, e tres pior. Aceitonas acedas, pan con elas. Bota ben aceite á sartén, e fritirás ben. Co aceite non se pode andar sin se lixar. Comida a aceitona, bota o óso fóra. Con aceitonas e pan quente, mórrese a xente. Moito aceite na sartén, se queres fritir ben. Non bebas na lagoa, nin cuspas máis dunha aceitona Eladio Rodríguez González, s. v. beber.. O aceite da oliveira, curas as doenzas Pero tamén O aceite das cepas, cura moitas doenzas. É dicir, o viño.. O aceite é armeiro, reloxeiro, cociñeiro e curandeiro. O aceite, en calando; a manteiga, en ruxindo. O día de san Pedro vai ver o teu olivedo, e se ves un gran, espera un cento. Polo san Pedro, vai ver o teu olivedo, e se ves un grau, espera un cento. Pouco aceite dan por un carto. Quen aceite mestura, as mans se unta. Quen colle a aceitona antes de xaneiro, deixa o aceite no oliveiro.

Cantigueiro Á oliveira da serra/ o vento lévalle a flor;/ só a min niguén me leva/ da beira do meu amor Xaquín Lorenzo Fernández, 42.. Á oliveira do adro/ non lle bóte-lo machado,/ que alumea toda a noite/ a Cristo crucificado Xaquín Lorenzo Fernández, 42. Porque o aceite que se quita da oliveira ardía nas lámpadas que alumeaban o Sagrario, os cruceiros e moitas imaxes.. A oliveira na serra/ ó lonxe mete terror;/ xa te vingaches de min,/ xa non te-lo meu amor Xaquín Lorenzo Fernández, 42. No orixinal: telo.. Como sei que che gustan/ as aceitunas/ por baixo da porta/ boteiche algunhas Xaquín Lorenzo Fernández, 64.. Debaixo da oliveira/ non vai frío nin orballo./ Meniña, se has de ser miña/ non me deas máis traballo Fermín Bouza-Brey, en Nós. No orixinal: mais.. Debaixo dunha oliveira/ ten a miña moza a cama/ e cando se vai deitar/ colga o candil dunha rama Xaquín Lorenzo Fernández, 67. No orixinal: de unha.. Do outro lado do río/ ten meu pai un castiñeiro/ que dá castañas e noces/ i aceitunas no xaneiro Xaquín Lorenzo Fernández, 72.. En Valencia me perdín/ no medio dos olivares/ procurando unha morena,/ Rosiña de los rosales Xaquín Lorenzo Fernández, 75.. Eu fun onte de ramboia/ cun pau de oliveira brava;/o que che gasto nas solas/ tamén cho forro nas mantas Ir de ramboia significa andar de contrabando na raia de Portugal, pero tamén saír de troula pola noite, que é o que parece entenderse na cantiga. Xaquín Lorenzo Fernández, 81.. Eu subín á oliveira/ e corrín de nó en nó/ que tu falas con quen queres/ i eu falo contigo só Xaquín Lorenzo Fernández, 84.. Miña roquiña de cana,/ meu fusiño de oliveira,/ tendes que fia-lo liño/ que me vén mañá da feira Xaquín Lorenzo Fernández, 101. No orixinal: fialo, ven.. Miña Virxiña do Viso/ sete anos foi muiñeira,/ tiña a palanquiña de ouro/ i a vasoira de oliveira Xaquín Lorenzo Fernández, 104. No orixinal: basoira.. Non quero verzas con unto/ nin nabizas con aceite./ ¡Para min non hai cousa boa!/ ¡Tamén me fai mal o leite! Nosa Señora da Adina/ ten oliveiras no adro,/ botan piñas no outono,/ cereixas no mes de maio Refírese, como a seguinte, á igrexa de Santa María de Iria Flavia, coñecida popularmente como Adina.. Nosa Señora da Adina/ ten un piñeiro no adro,/ bota piñas polo outono,/ cereixas no mes de maio Gran Enciclopedia Galega, s. v. Adina.. O loureiro é florido,/ bota flores ó tellado;/ non te gabes que me deixas,/ que nunca fuches rogado Xaquín Lorenzo Fernández, 119.. O loureiro é unnha pena/ i a penitencia é a rama;/ déronme por penitencia/ amar a quen non me ama . O muíño da oliveira/ heino de mandar pechare/ con caravixas de prata/ heino de acaravixare Da Muiñeira da Oliveira.. Oliveira decotada/ atravesada no río;/ para ir á túa casa/ non necesito navío Xaquín Lorenzo Fernández, 118.. Oliveira decotada/ atravesada no río;/ para ir cara a túa casa/ xa non preciso navío . Oliveira decotada/ pouco fruto pode dar;/ a mociña mal casada/ pouco pode namorar . Oliveira decotada/ xempre parez oliveira;/ a meniña ben casada/ xempre parece solteira . Oliveiriña doada,/ bota raíces ó lodo;/ eu non falo de ninguén,/ de min fala o mundo todo . O río cando vai louro/ leva un ramiño de oliva;/ dámelle moitas mamorias/ á miña prima María Xaquín Lorenzo Fernández, 123.. Pica, pica, picadeira,/ na folliña da oliveira;/ tres no cu e tres no rabo/ á porta do meu cuñado Este recitado emprégase para recoller o gando cara as cortes. Xaquín Lorenzo Fernández, 133. No orixinal: cú.. Por baixo da oliveira/ dá gusto parrafear,/ ten a folliña miúda/ e non a fura o luar Xaquín Lorenzo Fernández, 134.. Santa Xusta de Moraña/ foi tres anos muiñeira,/ tiña a escoba de palma,/ trabadoiras de oliveira Santa Xusta de Moraña é parroquia de Moraña (Pontevedra). Fermín Bouza-Brey 1929, 184.Xaquín Lorenzo Fernández, 244.. Santa Xusta de Moraña/ tres anos foi muiñeira/ tiña a basoira de palma/ e a escoba de oliveira Fermín Bouza-Brey 1929, 184.. Se tiveras olivares/ como tes de fantasía,/ o río de Carbajales/ por tu puerta pasaría Tradución incompleta dunha copla castelá. Xaquín Lorenzo Fernández, 147.. Teño unha rosa encarnada,/ tamén un ramo de oliva;/ hei de casar con túa nai/ e tu serás miña filla Xaquín Lorenzo Fernández, 153. No orixinal: encarnarda [sic], tua..

Notas

Véxase tamén Bibliografía BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II]. BOUZA BREY, Fermín (colector): "Novas cántigas e triadas da parroquia de Paradela, na terra da Ulla", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós. RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961.

Oliveira