A seguir, recóllese a pegada da nogueira e da noz na cultura popular galega a través de crenzas, refráns e cantigas.

A nogueira é unha árbore rica en substancias agres e taninos. As súas follas e a súa casca empregábanse nas menciñas populares coma purgante ou en doenzas da cute; ofrece ademais un efecto curandeiro de furunchos e tallos. A casca tingue dun amarelo pardo os tecidos e a madeira é moi estimada en ebanistaría pola súa fibra magra, pola dureza e polo veado característico.

Refraneiro Ano de noces, ano de voces Real Academia Galega 1913, s. v. ano.Eladio Rodríguez González, s. v. ano.. En marzo abrigo, noces e pan de millo. En marzo, abrigo, noces e pan trigo Saudade nº 3, maio 1943, 24-25.. En marzo, abrigo, noces, pan e trigo. En marzo, ó abrigo con noces e pan trigo. No marzo, abrigo, noces e pantrigo. Pan e noces saben a amores Eladio Rodríguez González, s. v. pan.. Polo San Martiño andan as noces a roliño Eladio Rodríguez González, s. v. San Martiño.. Polo san Xil nogueiras a espelir San Xil, 1 de setembro; é patrón de Bóveda, onde se celebra o día seguinte. Por santa Tecla abala a nogueira Santa Tegra (Tecla, Tecra, Trega, Técola), 23 de setembro.

Cantigueiro Anque vos son pequeniña/ como o rabo dunha noz,/ anque vos son pequeniña/ quédome rindo de vós Xaquín Lorenzo Fernández, 41. No orixinal: de unha.. Do outro lado do río/ ten meu pai un castiñeiro/ que dá castañas e noces/ i aceitunas no xaneiro Xaquín Lorenzo Fernández, 72.. Eres alta coma un ovo,/ redonda coma unha noz,/ blanca coma o chiculate,/ buenas noches nos dé Dios! Xaquín Lorenzo Fernández, 75.. O carballo ten a folla/ i a nogueira non a ten;/ agora xa eu coñezo/ a muller de “Val quen ten” Xaquín Lorenzo Fernández, 116..

Notas

Véxase tamén Bibliografía ANÓNIMO: Saudade. Verba Galega nas Américas México 1942-1953. Ed. facsímile do Centro Ramón Piñeiro 2008, nº 3, maio 1943, 24-25. LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973. REAL ACADEMIA GALLEGA: Diccionario gallego-castellano, 1913-1928. RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961.

Nogueira