Bersant Eduar Celina, nado o 9 de setembro de 1996, é un futbolista noruegués-kosovar que xoga como centrocampista para o FC Twente, cedido polo Manchester City.
Traxectoria Celina medrou na cidade norueguesa de Drammen, onde residiu dende que tiña dous anos.Stortalentet vraket Norge: - Ble ikke satset på Aftenposten Xogou nas seccións infantís do Strømsgodset IF. En 2012 ofrecéronlle unha bolsa para perfeccionarse na Manchester City Reserves and Academy en Inglaterra, e alí pasou os dous anos seguintes.
Manchester City O 1 de xullo de 2014, Celina firmou un contrato profesional por tres anos e medio co Manchester City.Bersant Celina nënshkruan kontratë profesionale me Manchester City Borozani.com Ao pouco lesionouse e pasou por cirurxía, mentres estivo en rehabilitación permaneceu co equipo xuvenil.
A finais de decembro de 2014, o adestrador Manuel Pellegrini convocouno para o primeiro equipo por mor do ateigado programa de Nadal do club, con catro partidos nunha semana.Bersant Celina, në ekipin e parë të Manchester Cityt Telegrafi Seleccionado para o partido da FA Cupp contra o Sheffield Wednesday o 4 de xaneiro de 2015, non chegou a saír ao campo, e o partido acabou cunha vitoria do City 2–1.Manchester City vs. Sheffield Wednesday 2 - 1 soccerway.com
O 19 de xaneiro de 2015 marchou co primeiro equipo e algúns alumnos da academia do club para un campamento de adestramento en Abu Dhabi e Celina fixo a súa primeira aparición no primeiro equipo do City nun amigagle contra o Hamburger SV.Bersant Celina debuton me Cityn - Sporti Bota Sot
Así e todo o seu primeiro partido oficial co primeiro equipo foi o 9 de xaneiro de 2016 na FA Cup contra oNorwich City Football Club, saíndo ao terreo de xogo no minturo 85 minutos nunha vitoria 3–0 .
Na Premier League a súa primeira participación foi como substituto nunha derrota 3-1 contra o Leicester City o 6 de febreiro, logrando unha asistencia paraSergio Agüero no único gol do Manchester City..
FC Twente O 25 de agosto de 2016, Celina uniuse ao equipo da Eredivisie FC Twente cedido por un ano. Debutou o 10 de setembro, como substituto no minuto 67 e logrou o seu primeiro gol para o seu novo equipo .
Carreira internacional
Noruega Nos seus primeiros anos no nivel internacional, Celina xogou catro veces coa selección de Noruega sub-15 e tres na sub-16. Bård Flovik chamouno para xogar no equipo sub-17 na Eurocopa sub-17, xogou no segundo partido contra Islandia substituíndo no minuto 77 a Joachim Eriksen nun partido que rematou nunha vitoria 2–0 .Norway U17 vs.Iceland U17 2 - 0 soccerway.com Xogou tamén na selección sub-21 contra Inglaterra, o 7 de setembro de 2015 como reserva, saínda no minuto 87.
Kosovo Apenas a FIFA permitiu á selección nacional de Kosovo xogar partidos amigables con outros membros da FIFA, en marzo de 2014, convocaron a Celina para o encontro contra Haití.Kosova shpall listën anti-Haiti - albeu.com Non chegou a saír ao campo e o partido rematou nun empate sen goles. Volveu ao equipo nacional no encontro contra Omán do 7 de setembro de 2014.Kosova, Bunjaki shpall listën anti-Oman albeu.com Xogou 83 minutos antes de sustituílo Enis Bunjaki, finalmente o partido acabou cunha primeira vitoria histórica para Kosovo, cun 1–0 .Kosovo national team v Oman, 7 September 2014 EU-football.info
Notas
Categoría:Nados en 1996 Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Twente Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Kosovo Categoría:Xogadores do Manchester City FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Noruega sub-21 Categoría:Nados en Kosovo