Ennistymon (en Placenames Database of Ireland), tamén escrito Ennistimon, é unha vila do condado de Clare que se atopa preto da costa oeste de Irlanda. En 2016 tiña unha poboación de 1 045 habitantes. Trátase dun popular destino turístico sendo famosas as fervenzas do río Inagh, que atravesa a localidade. Unha ponte que salva o río conduce á veciña Lahinch pola estrada secundaria N67, mentres que a N85 conecta con Ennis. A área foi oficialmente parte do Gaeltacht do oeste do condado de Clare até 1956.

Etimoloxía Historicamente o nome da vila escribíase Inishdymon. Crese que derivou de Inis Díomáin, que significa "a illa de Díomáin". Porén, Míchéal Ó Raghallaigh argumenta que o nome provén de Inis Tí Méan, que significa "illa da casa do medio".

Economía Debido á súa condición de "vila de mercado" (market town), en Ennistymon pódense encontrar supermercados, salón de peiteado, carnizarías, tendas de informática, copisterías, tinturarías, lavandarías, cafetarías e un hotel, así como numerosos bed and breakfast. Tamén hai moitos pubs nos que se interpreta música tradicional irlandesa.

Transporte Autobús Existen dúas liñas de Bus Éireann que dan servizo á vila: a 333 e a 350. A liña 350 conecta Ennistymon con Ennis, Lahinch, os cantís de Moher, Doolin (onde é posíbel tomar un transbordador para ir ás Oileáin Árann), Lisdoonvarna e Galway. A liña 333 permite ir a Kilfenora, Corofin, Miltown Malbay e Doonbeg.

Tren O West Clare Railway adoitaba atravesar a vila, conectándoa con Ennis e as vilas costeiras do oeste do condado. A estación de tren de Ennistymon abriu o 2 de xullo de 1887 e pechou o 1 de febreiro de 1961.

Educación Ennistymon posúe dúas escolas de educación primaria: Scoil Mhainchin/Ennistymon National School e Mol an Oige (escola Steiner). Mol an Oige Steiner National School converteuse recentemente na primeira escola de pedagoxía Steiner en Irlanda en obter o recoñecemento permanente como escola nacional polo departamento de educación do país.Ireland now has its first (official) Steiner National School Scoil Mhainchin é o resultado da unión da CBS Primary School e The Convent of Mercy National School.

Tamén hai tres centros de educación secundaria na vila: Ennistymon CBS, a Vocational School e Scoil Mhuire. Existen plans para amalgamar estes tres institutos.School Amalgamations, Seanad Éireann Debate (Vol. 217 No. 7), o mércores 3 de outubro de 2012

Lugares de interese miniatura|dereita|220px|Monumento en homenaxe ás vítimas da Gran Fame irlandesa. As fervenzas de Ennistymon son unha atracción turística popular. O Falls Hotel (antigamente coñecido como Ennistymon House). O monumento en homenaxe ás vítimas da Gran Fame irlandesa. Foi erixido o 20 de agosto de 1995 cando cumpría o 150 aniversario da traxedia. Atópase fóra de Ennistymon na estrada que conecta con Lahinch.

Vilas irmandadas Pozzoleone, Italia Schimatari, Grecia

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Historia de Ennistymon Información turística de Ennistymon

Categoría:Localidades do condado de Clare