Saul fia é un filme húngaro dramático dirixido por László Nemes e co-escrito por Nemes e Clara Royer que se estreou no 2015. Está ambientado no campo de concentraciónde Auschwitz durante a segunda guerra mundial, e segue un día e medio da vida de Saul Ausländer (interpretado por Géza Röhrig), un húngaro membro do Sonderkommando.
Foi estreado no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2015, onde gañou o Grand Prix. Tamén foi estreado na sección de Presentacións Especiais do Festival Internacional de Cinema de Toronto. Foi o gañador do premio ó mellor filme en lingua non inglesa na 88ª edición dos Oscar. É o noveno filme húngaro en ser nomeado a este premio, e o primeiro dende Hanussen de István Szabó en 1988. É o segundo filme húngaro en gañar o premio, despois de Mephisto de Szabó en 1981. Tamén gañou o Globo de Ouro ó mellor filme en lingua non inglesa, converténdose no primeiro filme húngaro en gañar este premio.
Personaxes Géza Röhrig como Saul Levente Molnár como Abraham Urs Rechn como Oberkapo Biedermann Sándor Zsótér como Doutor Miklós Nyiszli Todd Charmont como falso Rabino Braun Uwe Lauer como SS-Oberscharführer Voss Christian Harting como SS-Oberscharführer Busch Kamil Dobrowolski como Oberkapo Mietek Jerzy Walczak como Rabino Frankel Marcin Czarnik como Feigenbaum Attila Fritz como Yankl Amitai Kedar como Hirsch Márton Ágh como Renegado/Apikoyres Levente Orbán como Prisioneiro ruso Tom Pilath como SS-Oberscharführer Mihály Kormos como Kapo Schlojme Juli Jakab como Ella Mendy Cahan como Sonderkommanando Björn Freiberg como Extra
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Hungría propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 88ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2015 Categoría:Filmes en lingua húngara Categoría:Filmes en lingua yiddish Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes en lingua polaca Categoría:Filmes de Hungría Categoría:Filmes dirixidos por László Nemes Categoría:Filmes rodados en Hungría Categoría:Filmes ambientados en 1944 Categoría:Filmes ambientados en Polonia Categoría:Filmes sobre o holocausto Categoría:Filmes sobre o nazismo Categoría:Óscar ó mellor filme internacional