A lingua ucraína (украї́нська мо́ва, transliteración: ukrayins'ka mova [ukrɑ'jinʲsʲkɑ ˈmɔʋɑ]) é unha lingua eslava oriental, unha das tres deste grupo de linguas, xunto ao ruso e o belaruso. Garda certas similitudes con ámbalas dúas linguas, pero con notables diferenzas.

miniatura|250px|Unha muller falando a lingua ucraína. Características O idioma ucraíno é falado por case cincuenta millóns de persoas en todo o mundo, incluíndo 37,5 millóns en Ucraína (77,8% da poboación ucraína total). Mais só na Ucraína occidental é a lingua que prevalece sobre o ruso. En Kíiv fálanse ambas linguas, un cambio notable dende o pasado recente, cando a cidade era principalmente rusoparlante. O cambio foi causado en gran medida pola influencia da poboación rural e as migracións dende as rexións occidentais de Ucraína. No norte e centro de Ucraína, o ruso é a lingua da poboación urbana, mentres que o ucraíno é moito máis común nas zonas rurais. No sur e leste de Ucraína, o ruso prevalece incluso nas áreas rurais, e en Crimea, onde nunca se falou, o ucraíno está case ausente. En 2019 entrou en vigor unha lei para facer do ucraíno a única lingua estatal de Ucraína.

Alfabeto A a Б б В в Г г Ґ ґ Д д Е е Є є Ж ж З з И и A a B b V v J j G g D d E e Ye Zh Z z Ɨ ɨ I i Ї ї Й й К к Л л М м Н н О о П п P p С с I i Yi I i K k L l M m N n O o P p R r S s Т т У у Ф ф Х х Ц ц Ч ч Ш ш Щ щ Ю ю Я я Ь ь  '  T t U u F f J j Ts Ch Sh Shch Yu Ya  

O "Ь ь" non ten son. A súa función é a de palatizar outras letras, como por exemplo, o Л л (L) e o Н н (N). É dicir, нь lese ñ (como en España) e ль lese ll (como en consello). Tamén pode cambiar un pouco o son doutras consoantes.

O Г г en ucraíno ten un son aspirado similar ao do g galego nas zonas dialectais que presentan gheada (fricativa glotal sonora, [ɦ]); tanto no medio de dúas vogais como ao inicio de palabra. O son do g galego nas zonas sen gheada (oclusiva velar sonora, [g]), represéntase coa letra Ґ ґ, pero raramente usan esa letra, usando simplemente a Г г, aínda que teña valor fonético diferente.

O Й й ten o son dun i, pero curto, como en "xeito" ou "Mario"

O  '  simboliza unha pausa curta.

Ao longo da historia existiron varias propostas para un alfabeto latino ucraíno.

Grupos de variantes miniatura|250px|Mapa das variantes e subgrupos do ucraíno (2005). Grupo setentrional Polesio Polesio occidental Polesio central Polesio oriental Grupo sur-oriental Dniéper (poltavo) Slobozhano Estepa Grupo sur-occidental Volinio Nadsiano Galitziano (ou do Dniéster superior) Lemko Boiko Transcarpático Doliniano Hutsúl Bucovino (pocutio ou pocutio-bucovino) Podolio

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en ucraíno Lei de Ucraína "para garantir o funcionamento da lingua ucraína como lingua estatal" Política lingüística en Ucraína

Ligazóns externas Dicionario galego ucraíno Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Secretaría Xeral Técnica, 2022. Leccións de vocabulario ucraíno en Internet Polyglot

Lingua ucraína Categoría:Linguas eslavas Categoría:Linguas de Azerbaidján Categoría:Linguas de Kazakhstán Categoría:Linguas de Croacia Categoría:Linguas de Eslovaquia Categoría:Linguas de Hungría Categoría:Linguas da República Checa Categoría:Linguas de Polonia Categoría:Linguas de Romanía Categoría:Linguas de Rusia Categoría:Linguas de Serbia Categoría:Linguas de Ucraína