Luís Henrique Correa Piñeiro, nado en Vigo en 1971, alcumado O Caruncho, é un músico e regueifeiro galego.
Traxectoria Comezou a recibir clases de baile tradicional galego con 9 anos. Descubriu a zanfona da man do grupo Muxicas na década de 1990, continuou a súa formación co instrumento e deseguido empezou a facer actuacións interpretando cantos de cego acompañado coa música da zanfona. Destaca tamén o seu interese pola recuperación e divulgación da regueifa e como gaiteiro, impartindo clases de música tradicional galega. É membro ou participa en diversos grupos musicais como Os Carunchos, Os Folieiros, Zurrumalla, o coro galego Cantares de Brión, o dúo de zanfona Sobre Rodas e os regueifeiros Trioliro.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas 20px 20px 20px
Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1971 Categoría:Zanfonistas