dereita|miniatura|Cabuxa en Moraña.|180px
O que segue recolle unicamente información diversa sobre a pegada da cabra na cultura popular galega, así como a súa presenza na literatura oral. Toda esta información recóllese de diferentes traballos etnográficos —xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto—, dicionarios, refraneiros, cantigueiros, etc.
Locucións Coma a cabra e o coitelo (andar, estar, levarse): levarse moi mal dúas persoas, convivir moi mal.Miguel Rubinos Conde 2013.
Refraneiro miniatura|250px|Cabras rubias nun curral. miniatura|250px|Cabeza dunha cabra mona (sen cornos). miniatura|250 px|Xaneiro añeiro, e febreiro cabriteiro A filla da cabra, ¿qué ha de ser senón cabrita?.Eladio Rodríguez González, s. v. fillo. A muller e a cabra é mala sendo fraca.Eladio Rodríguez González, s. v. muller. A muller e a cabra, a pata crebada. Á muller e á cabra, corda larga. A muller é antoxadiza, e a cabra é espantadiza. A muller na igrexa, santa, e na rua, cabra. A ovella louzana pidelle lan á cabra. Cabra coxa non ten sesta e, se a ten, mal lle presta. Cabras crían trampas e carneiros crían diñeiros.VV.AA. (!974): Gran Enciclopedia Galega. Tomo IV. Santiago / Gijón: Silverio Cañada. ISBN 84-7286-039-6. Cabrito de mes, porco de tres, muller de dezaoito e home de vinte e tres. En abril, cátanos no cubil; en maio, xa son bo galo; en san Xoán xa lle dou a carreira ó can; en santa Mariña xa vou pola cabritiña; en agosto xa vou co meu pai polo rostro; en Santos xa mato os bois nos campos e en xaneiro xa podo co carneiro.Son as fases da vida do lobo. En abril está a loba no cubil, en maio sae co pai ó lado, en san Xoán atrévese co can, en Santa Mariña xa colle a cabritiña, en agosto sae co pai ó rostro. Febreiro, cabriteiro.Eladio Rodríguez González, s. v. febreiro. Inda non pariu a cabra e xa o cabrito, mama.Eladio Rodríguez González, s. v. parir. Leite de cabra e leite de burra danse camiño da sepultura. Ó ano torto, horto; ó torto torto, cabra e horto; e ó torto retorto, cabra, horto e porco.Eladio Rodríguez González, s. v. ano. O cabrito cómeo dun mes, i o año de tres. O fillo da cabra, ou cabirto ou castrón. O que rico quer ser, catro cousas ha de ter: cabras, ovellas, abellas e muíño onde moer. O que rico quer ser, istas cousas ha de ter: cabras, ovellas, abellas e muíño onde moer. Ovella cornuda e cabra con landras, en poucas cortellas paran.As landras a que se refire a cantiga son, neste caso, os ganglios linfáticos do pescozo avultados por algunha enfermidade crónica. Ovella cornuda e cabra con landras, en poucos cortellos paran. Queixo de ovella, leite de cabra e manteca de vaca. Vai a cabra pola viña, tal é a mai como a filla. Vello xa é Pedro pra ser cabreiro.Eladio Rodríguez González, s. v. Pedro. Xaneiro alleiro e febreiro cabriteiro. Xaneiro añeiro, e febreiro cabriteiro.Eladio Rodríguez González, s. v. xaneiro.
Cantigueiro Ano novo con ben veñas,/ como o sol entre as estrelas,/ os cabritos coas cabras/ e os años coas ovellas.Gran Enciclopedia Galega III, s. v. año. Beila quedo, beila quedo,/ non me rompas os zapatos/ que anque son de cordobán/ costároncheme os cartos.Fermín Bouza Brey 1929, 163. Cálate, boca de troita,/ pelo de cabra tiñosa,/ ollos de pita sarnenta/ i hastra por non ter, es coxa.Xaquín Lorenzo Fernández, 54. No orixinal: és. Cambados, porto de cabras,/ e Fefiñáns de cabritos,/ Santo Tomé de cabróns,/ mira que tres lugaritos.Fermín Bouza Brey 1929, 170. Cantiguiña que dixeches/ inda lle faltan palabras;/ teño unha cabra no monte,/ vaille conta-las cagadas.Xaquín Lorenzo Fernández, 59. No orixinal: contalas. En Queguas canta o cuco,/ en Vilar a cabra vella,/ en Véncias cantan os anxos/ que é a flor da nosa terra.Xaquín Lorenzo Fernández, 74. No orixinal: Rueguas. Xaquín Lorenzo di que a forma oficial é Venceás, aínda que os veciños digan Véncias, pero no Nomenclátor atopamos Venceáns (San Tomé), parroquia de Entrimo. Na parroquia só hai os tres lugares ós que fai mención a cantiga: Queguas, Vilar e Venceáns. Na miña vida tal vin/ unha cabra cunha roca/ e un castrón cun violín.Fermín Bouza Brey 1929, 189. No texto: c-unha, c-un. O marrau de tres somanas,/ o cabirtiño dun mes,/ a meniña de quince anos,/ o galán de vintetrés.Xaquín Lorenzo Fernández, 120. No orixinal: de un. Se vírades o que eu vin/ fuxírades como eu fixín:/ unha cabra cunha roca/ i un castrón cun violín.Xaquín Lorenzo Fernández, 148. No orixinal: virades, vin, fuxirades. Vinde, rapazas/ e mociños todos,/ vinde ve-lo dote/ que me deu meu sogro:/ unha cabra vella/ i un cabirto coxo,/ unha manta vella/ cun remendo roxo.Xaquín Lorenzo Fernández, 162. No orixinal: velo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II]. Gran Enciclopedia Galega. LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973. RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961. RUBINOS CONDE, Miguel: "Da roda para a piola: refráns e frases do sur de Galicia", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 487-502.
cabra