miniatura|Capsicum annuum cultivar Ñora inmatura in situ. miniatura|Ñora submadura in situ. miniatura|Sementes soltas. miniatura|Pementos bólas/ñoras maduros. miniatura|Ñora secada. A ñora é unha variedade cultivada de pemento (Capsicum annuum) tradicional do Levante español, de pequeno tamaño, forma arredondada e pel de cor encarnada, que se utiliza preferentemente desecado ao sol como condimentoVV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración , Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. Denomínase bola en Alacante e Murcia, onde se considera orixinaria. Ten un sabor doce e é moi utilizada na gastronomía do Levante español, especialmente na Rexión de Murcia, a Comunidade Valenciana (Alacante) e en Cataluña.

En Cataluña utilízase tamén en sofritos e arroces, pero sobre todo é o ingrediente principal e característico da salsa romesco, que adereza a típica ensalada xató e que combina tan ben con todo tipo de verduras, carnes e peixes que, xunto co allioli, nunca falta nas grelladas catalás. Tamén é o ingrediente característico da salsa de calçots que se prepara nas calçotades.

Notas

Categoría:Gastronomía de Cataluña Categoría:Gastronomía da Comunidade Valenciana Categoría:Gastronomía de Murcia Categoría:Pementos