Lamberto II de Spoleto, finado o 15 de outubro de 898, foi un nobre franco que foi duque de Spoleto (894 – 898), rei de Italia (894 – 898) e emperador de Occidente (894-898).
Traxectoria Era fillo de Guido III de Spoleto, e estivo asociado e este como rei e emperador desde abril de 892.
Cando seu pai morreu en 894, reinou en solitario, ademais de sucedelo no Ducado de Spoleto.
Tivo que enfrontarse ás pretensións de Berengario de Friúl e de Arnulfo de Carintia, que desexaban obter o reino de Italia.
O ano 898, Lamberto foi derrotado polo seu rival Berengario, e morreu asasinado pouco despois da batalla.
Véxase tamén
Outros artigos Dinastía Guidoni. Ducado de Spoleto. Sacro Imperio Romano Xermánico. Lista de emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico.
Categoría:Sacro Imperio Romano Xermánico Categoría:Reis de Italia Categoría:Duques de Spoleto Categoría:Longobardos Categoría:Finados en 898 Categoría:Século IX Categoría:Emperadores do Sacro Imperio Xermánico