O río Eo é un curso fluvial do noroeste da Península Ibérica que discorre por terras de Galicia e Asturias, delimitando ao cabo a fronteira entre ambas. Nace en Fonteo (Baleira) e desemboca no mar Cantábrico pola ría de Ribadeo. A súa cunca ten unha extensión duns 828 km², dos que 3/4 atravesan terreo galego. É apto para a pesca de salmóns. Ten unha lonxitude de 99 km e o seu caudal medio é de 19,61 m³/s.
Historia Antigamente o curso chamouse río de Abres. O nome actual Eo provén do hidrónimo Euue, que podería vir do paleoeuropeo *oiw-upe. Na Idade Media documéntase cos nomes Iuve (775), Euve (875), e finalmente Ove (905-), nome dunha parroquia de Ribadeo, próxima á ría. Na Idade Moderna aparece tamén co nome de río de Miranda. Pola súa ribeira, a comezos do século XX, construíuse dende Viloudriz a Ribadeo un ferrocarril mineiro que contribuíu a dinamizar toda a zona. Asemade, coa electrificación comezou a construción de pequenas centrais hidroeléctricas, como a do Louredal, erixida en 1932 para unha futura fábrica de vidro óptico en Santiso de Abres que non chegou a funcionar.
O río ten diversas captacións de auga, como a que subministra a Ribadeo e Trabada, que colle auga por riba da desembocadura do río Ouria.
Datos Nacemento: Fonteo, Baleira, Lugo, Galicia. Desembocadura: Mar Cantábrico, formando a ría de Ribadeo, entre Ribadeo (Galicia) e Castropol (Asturias). Lonxitude: 91,5 km Afluentes principais Polo oeste: río Rodil e río Turía. Outros afluentes Polo oeste: río Liñeiras, río Ouria. Polo leste: río de Ríotorto, río Trabada. Poboacións que atravesa: A Pontenova en Galicia; Santiso de Abres e Abres, en Asturias. Desemboca cerca da Veiga dando lugar á mencionada ría.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Ríos de Galicia
Ligazóns externas Río Eo Ficha do río Eo na Confederación Hidrográfica do Cantábrico
Categoría:Ríos cantábricos Eo Río Eo Eo