Iñigo Agirre Kerexeta, nado en Elorrio o 9 de agosto de 1942, é un xeógrafo e político vasco. En 1969, completou un grao en xeografía e historia na Universidade de Santiago de Compostela e, en 1976, fixo a súa tese de doutoramento en xeografía na Universidade de Navarra. Foi profesor de xeografía humana e de desenvolvemento rexional, e sistemas de información nas Facultades de Filosofía e letras, e Socioloxía, e dende 1985 é profesor de Xeografía na Universidade de Deusto.

Militante do Partido Nacionalista Vasco (PNV), foi un deputado de Biscaia nas eleccións xerais de 1977, 1979 e 1982,Listaxe do Congreso dos Deputados (en castelán) pero renunciou en 1984 e o seu asentoListaxe do Congreso dos Deputados (en castelán) foi substituído por Joseba Mirena de Zubía Atxaerandi. Foi elixido de novo como deputado no Parlamento Vasco nas eleccións de 1984 e 1986 dentro das listas do Partido Nacionalista Vasco (PNV).

Foi membro fundador e director adxunto do Instituto Xeográfico do Éuscaro (Ingeba) e xefe da Sección de Cartografía e Fotogrametría. Dende 1988 a 1997 foi o representante do Goberno Vasco no Consello Superior para Xeográfica.

Obras Eusko lurra (1979) El Valle del Deba: estudio de geografía regional (1987) Usos del suelo en Bizkaia y su evolución 1960-1985 Elorrio : aproximación a una monografía local (1995) Usos del Suelo en Arratia, Duranguesado y Urdaibai (1998) Atlas Informático de Bizkaia (1992) Atlas Informático del departamento de Obras Públicas del Gobierno Vasco (1994) Atlas Informático del EUSTAT Atlas de siniestralidad de la red viaria de Bizkaia (1999)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Currículo na web da INGEBA

Categoría:Nados en 1942 Categoría:Nados en Elorrio Categoría:Políticos do PNV Categoría:Deputados do Parlamento Vasco Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Navarra Categoría:Profesores da Universidade de Deusto