300px|miniatura|Comarcas de Guipúscoa As comarcas de Guipúscoa están determinadas principalmente pola orografía do terreo. Seguen en liñas xerais os vales que forman os principais ríos da provincia, de leste a oeste: Bidasoa, Oiartzun, Urumea, Oria, Urola e Deba.
Comarcas naturais A división máis habitual divide a provincia de Guipúscoa en sete comarcas: Bidasoa Beherea: formada polos concellos de Irún e Hondarribia, situados na desembocadura do río Bidasoa, xunto á baía de Txingudi. Donostialdea: formada pola capital, Donostia, e as localidades máis próximas. Inclúe o val do Oiartzun, o tramo guipuscoano do Urumea e o tramo medio-baixo do Oria, aínda que non a súa desembocadura. Ás veces considérase que a súa zona oriental forma unha subcomarca: Oiartzualdea: formada polos concellos situados na contorna da baía de Pasaia e o val do Oiartzun. Tolosaldea: formada polo tramo medio do río Oria, na contorna da vila de Tolosa. Goierri: formada pola cunca alta do río Oria e a parte alta do río Urola. Divídese normalmente en dúas subcomarcas: O Goierri propiamente dito, formado pola cunca alta do Oria. Urola Garaia: formado pola cunca alta do Urumea. Urola Kosta: formada polo tramo central da costa guipuscoana e curso medio-baixo do río Urola. Divídese en dúas subcomarcas: O Urola Kosta propiamente dito, formado pola costa central guipuscoana, entre as desembocaduras dos ríos Oria e Urola. Urola Erdia: formada polo curso medio-baixo do río Urola. Debabarrena: formada pola cunca baixa do río Deba e costa occidental da provincia. Debagoiena: formada pola cunca alta do río Deba.
Véxase tamén Comarcas de Biscaia Cuadrillas de Áraba