Middle East Airlines – Air Liban S.A.L. (árabe: طيران الشرق الأوسط ـ الخطوط الجوية اللبنانية‎‎ Ṭayyarān al-Sharq al-Awsaṭ - al-Khuṭūṭ al-jawiyyah al-lubnāniyyah), comunmente coñecida como Middle East Airlines (MEA) (árabe: طيران الشرق الأوسط‎‎ Ṭayyarān al-Sharq al-Awsaṭ), é a aeroliña nacional do Líbano. Ten a súa sede en Beirut, preto do aeroporto Internacional Rafic Hariri. Realiza voos internacionais regulares a Asia, Europa, Oriente Medio e África dende o seu centro de conexións no aeroporto Rafic Hariri.

Middle East Airlines é membro da alianza de aeroliñas SkyTeam, a Organización Árabe de Aeroliñas (AACO), e a Asociación de Transporte Aéreo Internacional (IATA). A compañía expresou o seu interese por converterse en membro asociado da alianza SkyTeam a principaios de 2006 nunha conferencia de prensa en Nova York. O 28 de febreiro de 2011 MEA asinou oficialmente o acordo de asociación con SkyTeam nunha cerimonia en Beirut. O 28 de xuño de 2012. MEA uniuse oficialmente á alianza para converterse no seu 17º membro, ademais do seu segundo membro do Oriente Medio.

Frota En setembro de 2016 a frota de Middle East Airlines estaba formada polos seguintes avións: + Frota de Middle East Airlines Avións En servizoPedidos PasaxeirosNotasJYTotalAirbus A320-20013124102126Un avión pintado coa librea SkyTeam.Airbus A321-2002—31118149Un avión pintado cunha librea especial retro. Serán retirados en 2017.Airbus A321neo—10TBA185 As entregas comezarán en 2018.Airbus A330-2005—44200244Total2011

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da aeroliña

Categoría:Aeroliñas nacionais Categoría:Aeroliñas do Líbano Categoría:SkyTeam