San Cristovo de Donalbai é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o IGE en 2014 tiña 151 habitantes (77 homes e 74 mulleres), 43 menos ca en 2004 (101 homes e 93 mulleres) e 51 menos ca en 1999. Ten cinco entidades de poboación.
Toponimia O topónimo Donalbai podería ter orixe no nome de posuidor a través do xenitivo () . Patrimonio Igrexa parroquial de San Cristovo. En Tras do Castro e no monte das Medorras hai restos de túmulos megalíticos, e na Medorra está a Moural de Armental. En 1982 descubriuse unha mámoa e unha machada de pedra con perforación central do final do Megalítico. Cultura popular Segundo a lenda, do castro de Donalbai saíron tres irmáns (Grandeu, Albai e Senén), que lle deron nome aos barrios de Dongrandeo, Donalbai e Senande.
Lugares e parroquias
Lugares de Donalbai
Parroquias de Begonte
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Begonte
Categoría:Parroquias de Begonte Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Cristovo