Eagulls é unha banda inglesa de post-punk formada en Leeds no ano 2010. O grupo está composto por Mark Goldsworthy (guitarra), Henry Ruddel (batería), Liam Matthews (guitarra), Tom Kelly (baixo) e George Mitchell (voces).
Historia Eagulls formouse en 2010 e publicou o seu primeiro sinxelo, "Council Flat Blues", a través no selo de Moshi Moshi Records Not Even Records. O seu primeiro EP, Eagulls, gravado por MJ da banda Hookworms, foi publicado en 2012 tanto polo selo londiniense Sexbeat como polo canadense Deranged Records. No ano 2013 o grupo asinou un contrato con Partisan Records, publicando o sinxelo "Nerve Endings" cunha versión do tema de Killing Joke "Requiem", e o sinxelo "Tough Luck". O seu primeiro álbum, Eagulls, publicouse en marzo de 2014.
A banda recibiu a atención continua de certos medios, tanto nacionais como internacionais. Foron elixidos a "New Favourite Band" en 2013 por Steve Lamacq da emisora BBC Radio 6. Tocaron polo Reino Unido e Europa ao lado de destacados artistas como Manic Street Preachers, Flipper, Milk Music, Ceremony, Iceage, Hot Snakes e Pulled Apart By Horses, e nos Estados Unidos tocaron nos festivais South by Southwest en Texas e CMJ de Nova York. En 2014 apareceron no programa Late Show with David Letterman, interpretando a súa canción "Possessed" para Bill Murray. Ese mesmo ano foi elixida como abreconcertos para a xira británica de Franz Ferdinand.
En maio de 2016 a banda publicou o seu segundo álbum, Ullages, tamén a través de Partisan Records. Producido por Matt Peel, o título é un anagrama do nome da banda.
Discografía Álbum Ano Selo Eagulls 2014 Partisan Records Ullages 2016 Partisan Records
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de Leeds Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais formados en 2010