miniatura|Pan de figos. miniatura|Pan de figos O pan de figos é unha preparación típica da gastronomía española, aínda que tamén se pode encontrar en Portugal. A pesar de denominarse pan, non ten porque conter nin fariña nin trigo. Elabórase a partir de figos desecados formando estes unha pasta compacta e densa. Tamén se lle poden engadir outros ingredientes, como froitos secos ou froita cristalizada. Trátase dunha receita orixinalmente rural, talvez de orixe árabe, que se caracterizaba principalmente por cumprir dúas funcións: por un lado permitía a conservación duradeira dos excedentes de figos que se recollían nunha anada e por outro lado constituía un alimento enerxético moi útil á hora de realizar as duras tarefas do campo. Na España actual prodúcese e consómese pan de figos principalmente por deleite desta especialidade e, máis particularmente, durante as festas de Nadal e Aninovo.
Son famosos os pans de figo da provincia de Málaga, Comunidade Valenciana,Morisco pan de higoSuera dedica el SOM de novembre a fer panfigo, en l’últim dia de les festes Andalucía e os da rexión de Murcia, pero tamén os de Fraga,Producción en Fraga de diferentes recetas de pan de higo (por Kiosco Casanova) na provincia de Huesca, Aragón. Na provincia de Málaga é particularmente célebre o pan de figos da localidade de Coín, onde se prepara a base de figos pasos, améndoas, canela, cravo e anís.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Carme Rosselló, Immaculada Bestard, i altres: Conèixer i gaudir els aliments de les Illes Balears. Palma: Universitat de les Illes Balears, 2003. Pa de figues, dins Gastroteca.cat
Categoría:Alimentos Categoría:Gastronomía de España