Nicolas Grenon, nado entre 1375 e 1380, e finado na localidade francesa de Cambrai o 17 de outubro de 1456, foi un compositor francoflamengo da escola de Borgoña.

Traxectoria En 1385 pasou a formar parte dos músicos da corte do duque Filipe II de Borgoña en Dijon. Foi cóengo do capítulo de Santo Sepulcro en París, en 1399, posto no que sucedeu o seu irmán, e alí ficou ata 1401.

Foi nomeado mestre de nenos  da catedral de Laon (1403 -1408) e máis tarde mestre de gramática en Cambrai (1408). Foi tamén mestre dos coristas novos do duque de Berry en 1412 e mestre de música na catedral de Cambrai (1421-1424), e entrou ao servizo do duque Xoán Sen Medo. Chegou a ser cantante da capela papal (1425-1427) de Martiño V en Roma. En 1437, foi resudir a Bruxas e, posteriormente, regresou a Cambrai, onde remata a súa existencia en 1456.Notas biográficas de Nicolas Grenon en Allmusic.com. (En inglés)

Obra A súa música, tanto a profana como a relixiosa, está asociada ao final da Ars nova, como evidencian as súas cancións Je say defait  e Se ne vous say, dunha escrita complexa, e os seus motetes, construídos baixo o principio da isoritmia. Así e todo, áchanse tamén nel os trazos característicos da música borgoñoa do século XV, na súa procura dunha simplificación melódica e rítmica, e na adopción dun canto silábico. Entre as súas obras destacan cinco cancións para tres voces, tres cancións para catro voces, catro motetes e un fragmento dunha misa titulada Et in terra.Composicións de Grenon en Allmusic.com. (En inglés)

Estas son as composicións hoxe coñecidas, segundo a clasificación feita por Reaney:Reaney, Gilbert. Early Fifteenth-Century Music. Volume 7. American Institute of Musicology. Roma, 1983. Se je vous ay bien loyaulment amée (rondó). La plus jolie et la plus belle (rondó). Je suy defait se vous ne me refaites (rondó). Je ne requier de ma dame (balada). La plus belle et doulce figure (virelai). Et in terra (Gloria; voz tenor dunha misa?). Ave virtus virtutum, caritas / Prophetarum fulti suffragio / Infelix, propera (motete). Ad honorem sancte trinitatis / Celorum regnum sempiternum / Isti semper celestibus (motete). Plasmatoris humani generis / Verbigine mater ecclesia (motete). Nova obis gaudia (motete).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Wright, Craig. "Nicolas Grenon". En Sadie, Stanley. The New Grove Dictionary of Music and Musicians. Macmillan. Londres, 1980. Páxina 702.

Ligazóns externas Partituras de Nicolas Grenon en International Music Score Library Project. Interpretacións de composicións de Grenon en Youtube.

Categoría:Nados no século XIV Categoría:Finados en 1456 Categoría:Compositores de música clásica Categoría:Compositores de Francia