miniatura|dereita|220px|Imaxe dun súcubo nunha ménsula no exterior dunha taberna inglesa. Segundo o folclore medieval, un súcubo (do ) é un demo nocturno que ataca os homes e, por medio de sedución e mantemento de copulación, busca extraer o seu seme e a súa enerxía de vida. A finalidade desta práctica demoníaca sería obter para si a enerxía masculina para alimentarse e asemade obter o seme para reproducir a si mesmo ou para levar para outro demo. Dicíase que eses demos estarían máis activos e descontrolados durante o plenilunio. Algúns trastornos, como pesadelos recorrentes, parálise do sono ou polución nocturna, eran outrora explicados como resultado do ataque dun súcubo.

A contraparte masculina dun súcubo é un íncubo (do latín inccubus).

Na literatura non occidental

Cultura budista Unha escritura budista sobre a oración a Avalokiteśvara, o Dharani Sutra de Amoghapāśa, promete a aqueles que rezan que "non serás atacado por demos que chupan a túa enerxía ou che fagan o amor nos teus soños".

Cultura árabe e africana Na mitoloxía árabe, a qarînah () é un espírito semellante ao súcubo, con orixes posiblemente na relixión do Antigo Exipto ou nas crenzas animistas da Arabia preislámica. Unha qarînah "dorme" coa persoa e ten relacións nos soños. Dise que son invisibles, pero unha persoa con "segunda vista" pode velos, moitas veces na forma dun gato, can ou outra mascota doméstica. "En Omdurman, Sudán, é un espírito que posúe. ... Só certas persoas están posuídas e tales persoas non poden casar ou a qarînah farálles dano."

Notas

Véxase tamén Outros artigos Íncubo Lilin

Bibliografía

Categoría:Mitoloxía