Reginaldus Libert, ou Reginald Libert, activo entre 1424 e 1435, foi un compositor francoflamengo pertencente á escola de Borgoña.

Traxectoria En 1424, Reginald Libert era magister puerorum en Cambrai, é dicir, titor responsable da educación de cativosJackson, Roland. Performance Practice: A Dictionary-Guide for Musicians. Nova York, 2005. Páxina 225.. Posteriormente chegou a ser xefe do coro da catedral de Cambrai.Reginaldus Liebert (early fifteenth century). En Hoasm.org.

Recibiu a influencia de compositores como Johannes Tapissier, Nicolas Grenon, Arnold de Lantins e Guillaume Dufay, todos eles vinculados moi directamente coa escola de Boloña. Foi un dos primeiros en utilizar o método do chamado fauxbourdon, un proceso de improvisación consistente na adición de dúas voces paralelas a unha melodía xa existente, moitas veces gregoriana, estando a parte superior unha cuarta por riba da parte intermedia, e a baixa un terzo por baixo.

Reginald Libert compuxo rondós, misas e canto gregoriano. Foi o autor da Missa de Beata Virgine, primeira misa completa da historia da música"Ferveur des chants médiévaux". Culture. Le Figaro, 19 de xullo de 2011.. Tamén escribiu unha das variantes medievais daAve María.

Obras Ave Maria. Kyrie. Missa plenaria da Beata Virgine. Mourir me voy.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Gustave Reese. Music in the Renaissance. Nova York, WW Norton &, 1954. ISBN 0-393-09530-4

Categoría:Compositores de música clásica Categoría:Finados no século XV