Amando Ricardo Castroviejo Nobajas, nado en Sorzano (A Rioxa) en 1874 e finado en Santiago de Compostela o 7 de agosto de 1934El Compostelano, 9-8-1934, p. 3., foi un profesor e político español.

Traxectoria miniatura|Amando Castroviejo con Xosé María, Concha, Pilar e Ana María. 1926. Foi catedrático de Dereito Político da Universidade de Granada (1896) e despois catedrático de Economía e Facenda da Universidade de Sevilla. Instalado en Santiago de Compostela onde casou, foi catedrático de Economía Política e Facenda Pública na Universidade de Santiago de Compostela dende 1907. Foi propagandista do agrarismo católico, do catolicismo social e impulsor da Previsión Social. Foi concelleiro de Santiago de Compostela na ditadura de Primo de Rivera e promotor da democracia cristiá. Colaborou en Cronique Sociel de France, Revue Catolique de Cuestions Sociales e Revista de Ciencias Sociales. Foi membro da Academia de Ciencias Morales y Políticas.El Pueblo Gallego, 9-8-1934, p. 12. Foi soterrado xunto á igrexa parroquial de Coiro (Cangas de Morrazo).

Obras miniatura|Lápida en Coiro, Cangas. El trabajo a domicilio en España, 1908. La cooperación en la agricultura, 1909. Los Comités de salarios en el trabajo a domicilio, 1911. La reglamentación del trabajo a domicilio en España, 1912. La V. Orden Tercera de San Francisco y la paz social, 1915. Los principios cristianos y la transformación y aun abolición del salariado, 1921.

Como tradutor La cruz y la media-luna de Godefroid Kurth, 1895.

Vida persoal Foi pai de Xosé María e Concha Castroviejo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría: Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría: Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría: Concelleiros de Santiago de Compostela Categoría: Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría: Nados na Rioxa Categoría: Nados en 1874 Categoría: Finados en 1934