Bortziriak (en castelán: Cinco Villas) é unha comarca e subzona do noroeste de Navarra. Está formada por cinco concellos e forma parte do meiriñado de Pamplona.
Limita ao norte con Lapurdi (Francia), ao leste con Baztanaldea, ao sur con Malerreka, e ao oeste con Leitzaldea e coa comarca vasca de Bidasoa Beherea (Guipúscoa). A comarca é atravesada polo río Bidasoa, que forma un val.
Está composta polos concellos de Arantza, Bera, Etxalar, Igantzi e Lesaka.
Categoría:Comarcas de Navarra