Vistruario (fl. 1016-1037) foi un bispo de Iria Flavia e Santiago de Compostela durante o século XI. O 29 de outubro de 1024 foille doada a illa Oneste, posiblemente o lugar no que se localizaban as Torres de Oeste, polo rei Afonso V o Nobre, coa finalidade de que servise para a defensa das "terras do apóstolo". Deostado na Historia Compostelá, por consideralo de "depravados costumes", foi encarcerado por Afonso V o Nobre, non se sabe se por rebelarse contra Vermudo III,Falque (1994), p. 76 fillo de Afonso, ou contra o propio Afonso.González (1978), p. 139 Morreu na prisión.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Arcebispos e bispos de Compostela - Iria Categoría:Personalidades da Idade Media de Galicia