El Diario de Huesca foi un xornal de circulación diaria publicado na cidade española de Huesca entre 1875 e 1936.
Descrición Fundado e dirixido até 1911 por Manuel Camo Nogués, o seu primeiro número apareceu o 16 de novembro de 1875. Foi considerado «o medio máis influente da historia xornalística altoaragonesa».
Contou con colaboracións de Joaquín Costa e nel enxalzouse nos seus inicios á Institución Libre de Ensino e a figura de Emilio Castelar. Porén, a finais do século XIX a publicación distanciaríase tanto de Costa como da ILE, por mor da diverxencia ideolóxica destes con El Diario de Huesca, cuxo director, Manuel Camo, foi descrito como un «arquetipo do cacique decimonónico». Durante a ditadura de Primo de Rivera, coa que o diario se mostrou crítico, estivo dirixido por Luis López Allué.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Números de El Diario de Huesca na hemeroteca do Diario del AltoAragón
Categoría:Xornais de España Categoría:Xornais en lingua castelá Categoría:Xornais de España desaparecidos