miniatura|250px|Hotel Caleta Palace. La Caleta é un barrio do distrito Centro da cidade de Málaga, en Andalucía (España). Ocupa unha estreita franxa costeira entre o barrio de La Malagueta, ao oeste, e o barrio de Bellavista, ao leste. O límite sur fórmao o mar Mediterráneo, mentres que o límite norte constitúeno a Avenida de Príes e o Paseo de Sancha, que o separan dos barrios da Cañada de los Ingleses, Monte Sancha, El Limonar e Miramar.

La Caleta foi inmortalizada na obra de Isaac Albéniz Rumores de la Caleta.

Historia Coñécese a existencia dalgunhas vivendas de pescadores na zona que ocupa o actual barrio durante a época musulmá. Tras a toma de Málaga polos Reis Católicos, a zona comezou a ser coñecida como La Caleta del Marqués, por ser neste lugar onde instalou o seu campamento o Marqués de Vélez durante o asedio. A finais do século XVII realizáronse traballos para achandar o terreo montañoso, coa creación dunha vía arborizada, pontes e rotondas e, xa no século XIX converteuse nunha área recreativa para a celebración de romarías e festexo do Nadal.

Como outros barrios da zona leste de Málaga, La Caleta comezou a tomar forma urbana a finais do século XIX, cando foi escollida como zona de residencia da alta burguesía da época e empezaron a xurdir luxosas vilas residenciais que aínda forman a tipoloxía edilicia preponderante no barrio.

Lugares de interese Palacio de Miramar Hotel Caleta Palace Vila Cele María Paseo de Sancha 34 e 36 Casas de Cantó

Transporte En autobús o barrio queda conectado mediante as seguintes liñas da EMT: C3, 11, 32, 33, 34, 35 e N1.

Notas

Caleta