O Focke-Wulf A 17 Möwe ("gaivota") foi un avión de pasaxeiros fabricado en Alemaña a finais dos anos 20. Era un monoplano con á alta cantilever convencional coa peza de cola do tren de aterraxe fixa. O avión tiña unha cabina totalmente pechada para oito pasaxeiros e tiña un posto de mando separado e tamén pechado para os dous pilotos. Moitos exemplares voaron para Deutsche Luft Hansa, operando ata ao redor de 1936. A comezos dos anos 30 dúas unidades foron usadas para probar o motor diésel Junkers Jumo 5.
En 1929 fabricouse un exemplar cun motor BMW VI e foi equipado para a fotografía aérea e para traballos de recoñecemento, sendo designado A 21. A cabina equipouse cun cuarto escuro. Posteriormente nese mesmo ano, o motor BMW usouse noutros cinco exemplares de pasaxeiros para Luft Hansa coa designación A 29.
Variantes A 17 - Avión para 8 pasaseiros cun motor Gnome et Rhône 9Aa Jupiter de 310 kW. Un prototipo e 11 exemplares de produción.Stroud 1966, p. 265–256 A 17a - Conversión do A 17 con motor Siemens Jupiter VI de 360 kW.Stroud 1966, p. 266 A 17b - Conversión co motor Siemens Sh 20u. Un convertido. A 17c - Conversión con motor diésel Junkers Jumo 5C de 390 kW. Un convertido. A 21 Photomöwe - Equipado para a fotografía aérea con motor BMW VI. Dous fabricados. A 26 - Conversión do A 17 usado como avión experimental por Deutsche Versuchsanstalt für Luftfahrt (DVL). A 29 - Versión de produción do A 17 con motor BMW VI. Cinco fabricados.Stroud 1966, pp. 268–269
Notas
A 17 Categoría:Aeronaves de pasaxeiros Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1927