San Cristovo de Guntín é unha parroquia do concello de Bóveda na provincia de Lugo. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 78 habitantes (43 homes e 35 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación: Aquelcabo, O Arroxo, Lama Redonda, Pardiñas, As Pedreiras e Vilar, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 116 habitantes.
Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. Limita coas parroquias de Tuimil e Laiosa ao norte, Ver e Mosteiro ao sur, Freituxe ao leste, e Bóveda ao oeste.
Historia No ano 1668 Juan Rodríguez de Ver fundou a capelanía de San Lázaro na igrexa parroquial.
Patrimonio A igrexa parroquial é do século XVIII. Antecede ó edificio un pórtico con teito a tres augas. Trátase dunha construción con nave de planta rectangular e muros de cachotería enlucidos, con cuberta de madeira e lousa a dúas augas. Capela do Rosario. Situada no Campo da Mamoela, foi construída no ano 1832, e posúe un cruceiro no exterior. Capela do Pedregal. Situada no lugar de Vilar, nos terreos da Casa de Pedregal. Posiblemente do século XIX, ten planta rectangular e cuberta a dúas augas. Pazo de Guntín. Sitúase no lugar de Aquelcabo; edificio de planta en U, con muros de cachotería de lousa. A súa porta principal, en arco de medio punto, conserva un escudete con representación de barras e peixes, cunha cabeza de león sobre eles. Conserva outros escudos con motivos similares na porta interior e na torre oeste.
Festividades As festas celébranse a primeira fin de semana de agosto, na honra á virxe do Rosario.
Lugares e parroquias Lugares de Guntín
Parroquias de Bóveda
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Bóveda
Categoría:Parroquias de Bóveda Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Cristovo