Santiago de Rubián é unha parroquia que se localiza no concello de Bóveda. Segundo o padrón municipal de 2020 tiña 281 habitantes (133 mulleres e 148 homes), distribuídos en cinco entidades, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 354 e en 1999 cando tiña 366 habitantes.
Xeografía Limita coas parroquias de Remesar, Vilarbuxán e San Fiz de Rubián ao norte, Bóveda ao sur, San Fiz de Rubián e Tuimil ao leste, e Teilán polo oeste.
Historia A nota máis antiga desta parroquia aparece nun documento da Catedral de Lugo, datado o 17 de novembro de 1202.
Patrimonio Igrexa de Santiago de Rubián do século XVIII, ten planta rectangular. A capela maior, diferenciada en planta da nave por ser máis estreita, antecédea un arco de medio punto en granito, e ten a sancristía apegada. Capela do Ecce Homo, do s.XVIII. Trátase dun edificio de planta en T, con muros de cachotería en lousa. A nave, con cuberta a dúas augas en madeira e lousa, comunica coa capela maior, diferenciada desta en planta e alzado e con cuberta a catro augas, por un arco de medio punto.
Festas As festas parroquiais celébranse o 15 de setembro na honra ó Ecce Homo.
Deporte Rubián ten un equipo de fútbol, a Sociedad Deportiva Rubián, que na tempada 2018/19 xoga na Terceira Autonómica de Galicia. Xoga os seus partidos no Campo do Poste.
Lugares e parroquias Lugares de Santiago de Rubián
Parroquias de Bóveda
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Bóveda
Categoría:Parroquias de Bóveda Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior