O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (ou CIRP, da antiga denominación: Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro) é un organismo investigador dependente da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria no que se desenvolven diferentes proxectos a prol da lingua e a cultura galegas. Descrición miniatura|Hospital de San Roque, sede actual. Foi fundado en 1993 Decreto 25/1993, de 11 de febreiro. baixo o nome de Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, designación que foi modificada en 1997 Decreto 330/1997, de 13 de novembro. pola que exerce na actualidade.
Entre os proxectos que desenvolve cómpre destacar:
Proxecto Termigal: centro terminolóxico do galego onde se investiga a terminoloxía de certos campos e os interesados poden tamén facer consultas:A dirección da páxina web da base de datos Tergal é: http://www.cirp.gal/tergal Proxecto Base de datos do ALiR (Atlas Lingüístico Románico), dirixido por Manuel González González Proxecto de Fraseoloxía: o equipo dirixido por Xesús Ferro Ruibal ata 2015 e por Isabel González Rey desde esa data, pon en marcha os monográficos e a revista Cadernos de Fraseoloxía Galega (22 números ata 2022); Proxecto CORGA (Corpus de Referencia do Galego Actual); Proxecto Dicionario de literatura; Proxecto Dicionario de termos literarios; Proxecto de Recuperación de textos poéticos e xornalísticos galegos; Proxecto de Dimensións da identidade colectiva en Galicia; Proxecto de Informes anuais de literatura; Proxecto de Cantigas de Santa María; Proxecto de Investigación e estudo do galego exterior;
O centro naceu na estrada de Santiago de Compostela a Noia, na Barcia - Lamas de Laraño, Santiago de Compostela, pero en xaneiro de 2014 trasladouse ó Hospitaliño de San Roque, na rúa de San Roque (Santiago).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Cadernos Ramón Piñeiro Ligazóns externas CIRP