San Bartolomeu de Vilarbuxán é unha parroquia que se localiza no concello de Bóveda. Segundo o padrón municipal en 2008 tiña 25 habitantes (14 mulleres e 11 homes), catro máis ca en 1999. Ten unha única entidade de poboación, Vilarbuxán.
Limita coas parroquias de Castro de Rei de Lemos e A Cervela ao norte, Cubela e San Fiz de Rubián ao leste, Rubián ao sur e Remesar ao oeste.
Historia Nun documento da Catedral de Lugo, datado en 1202, lese Villarbugia. Eclesiasticamente, a parroquia creouse en 1891, con terreos de San Fiz de Rubián, Remesar e Castro de Rei de Lemos.
Patrimonio A igrexa de San Bartolomeu de Vilarbuxán, reedificada a finais do século XIX, ten planta rectangular con muros de cachotería. A cuberta é de madeira e lousa a dúas augas. Ardeu na guerra civil, sendo reconstruída no ano 1941.
Lugares e parroquias Lugares de Vilarbuxán
Parroquias de Bóveda
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Bóveda
Categoría:Parroquias de Bóveda Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Bartolomeu