San Bartolomeu de Vilalpape é unha parroquia que se localiza no concello de Bóveda. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 48 habitantes (24 mulleres e 24 homes), distribuídos en cinco entidades, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 64 habitantes.

Limita coas parroquias de Martín e Ver polo norte, O Chao do Fabeiro e Valverde polo sur, Ribas Pequenas polo leste e O Chao do Fabeiro polo oeste.

Historia No ano 1221, o reguengo de Vilalpape foi cedido, por Afonso IX, ó mosteiro de Castro de Rei de Lemos. En 1522 os habitantes de Vilalpape presentan vasalaxe ó abade de Montederramo.

Patrimonio A igrexa parroquial, do século XVII, ten planta rectangular, con muros de cachotería de lousa e cuberta a dúas augas feita en madeira e lousa. No seu alzado norte levantouse a sancristía. Hai cruceiros en Vilalpape e Marzán.

Festas As festas parroquiais celébranse o 24 de agosto na honra á San Bartolomeu.

Lugares e parroquias Lugares de Vilalpape

Parroquias de Bóveda

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Bóveda

Categoría:Parroquias de Bóveda Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Bartolomeu