San Paio de Mosteiro é unha parroquia de Bóveda na provincia de Lugo. Segundo o padrón municipal de 2019 tiña 7 habitantes (5 mulleres e 2 homes), concentrados en 1 entidade de poboación co mesmo nome, Mosteiro, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 14 habitantes e sobre todo ao ano 1991 cando tiña 39 habitantes. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei.

Xeografía Linda ó norte con Guntín, ó sur con Ribas Pequenas e Pino, ó leste con Freituxe e, ó oeste con Ver.

Patrimonio A igrexa parroquial data do século XVII, sendo a súa planta rectangular, construída en muros de cachotería de lousa. Mediante un arco de medio punto rebaixado accédese á capela maior, a distinta altura ca nave. Parece ser que na súa orixe contaba cun pórtico columnado que rodeaba toda a igrexa.

Posiblemente houbese no lugar un mosteiro beneditino, ó cal debería o seu nome esta parroquia.

Lugares e parroquias Lugares de Mosteiro

Parroquias de Bóveda

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Bóveda

Categoría:Parroquias de Bóveda Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Paio