Immanu El (normalmente escrito como IMMANU EL) é unha banda sueca de post-rock procedente de Jönköping formada no ano 2004. O grupo está composto por Claes Strängberg (guitarra e voces), Per Strängberg (guitarra), Jonatan Josefsson (batería), Robin Ausberg (baixo) e David Lillberg (guitarra, teclados e samples). O grupo ten editados catro álbums de estudio.

Immanu El naceu como un experimento musical de Claes cando só tiña 16 anos. Ao pouco tempo se lle uniron o seu irmán xemelgo Per e os seus amigos David Lillberg e Jonatan Josefsson. A súa música ten as súas raíces na primeira escena post-rock, experimentando con outros estilos e elementos con ambiciosos arranxos de voz.

Discografía Álbum Ano Selo They'll Come, They Come 2007 And The Sound Records Moen 2009 And The Sound Records In Passage 2011 Kapitän Platte Hibernation 2016 Glitterhouse Records

Véxase tamén Ligazóns externas

Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de Jönköping Categoría:Grupos musicais de post-rock Categoría:Grupos musicais formados en 2004