Lights & Motion é unha banda sueca de post-rock cinematográfico fundada en Gotemburgo en 2012 por Christoffer Franzén. O proxecto xurdiu tras un longo período de insomnio, cando Christoffer decidiu pasar as noites nun estudio compoñendo música.

A banda leva publicados catro álbums de estudio, Reanimation, Save Your Heart, Chronicle e Dear Avalanche, todos eles editados a través do selo independente estadounidense Deep Elm Records. A súa música ten sido usada en varios trailers de películas, anuncios e programas de televisión, aparecendo dende os Oscars ata a Super Bowl. No ano 2015 Apple utilizou a música da banda para a súa campaña global de iTunes "Latest Films. Anywhere, Anytime".

Discografía Álbum Ano Selo Reanimation 2013 Deep Elm Records Save Your Heart 2013 Deep Elm Records Chronicle 2015 Deep Elm Records Dear Avalanche 2017 Deep Elm Records

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Facebook de Lights & Motion

Categoría:Grupos musicais de Gotemburgo Categoría:Grupos musicais de post-rock Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de música ambient Categoría:Grupos musicais de shoegazing Categoría:Grupos musicais de dream pop Categoría:Grupos musicais formados en 2012