O Baix Maestrat é unha comarca situada no norte da provincia de Castelló, no País Valenciano, no límite con Aragón e Cataluña. A súa capital é Vinaròs.
Xeografía Atópase no extremo nororiental da comunidade, na costa mediterránea. Limita ao norte coas comarcas do Matarranya (provincia de Teruel) e o Montsià (provincia de Tarragona), ao oeste co Alt Maestrat e Els Ports, ao sur coa Plana Alta e ao leste co mar Mediterráneo.
Concellos Os datos básicos dos 18 concellos, coas cifras de poboación do padrón municipal de habitantes de 2023, son:
Concello Habitantes(2023) Sup.(km²) Densidade(2023)(hab./km²)Vinaròs29.68695,5311,0Benicarló28.68147,9599,2Peníscola8.44979,0107,0Alcalà de Xivert7.160167,642,7Càlig2.01327,573,3Sant Mateu1.98764,630,8Traiguera1.33659,822,4Sant Jordi1.24936,534,2Rossell89174,911,9Santa Magdalena de Polpís78466,511,8Xert68682,58,3Canet lo Roig68568,710,0La Jana67819,534,8La Salzadella66049,913,2Cervera del Maestre65693,27,0San Rafael del Río49421,223,4La Pobla de Benifassà235136,21,7Castell de Cabres1930,70,6Baix Maestrat86.3491.221,570,7
Economía As actividades tradicionais son, entre outras, a agricultura (cítricos, oliveiras, alcachofas) e a pesca. A alcachofa de Benicarló ten denominación de orixe. Dende finais do século XX, o turismo converteuse nun motor económico importante para a comarca.
Lingua A lingua predominante na comarca é o valenciano.
Notas
Categoría:Comarcas da Comunidade Valenciana