José Antonio Franco Basanta, coñecido como Caudillo ou Manchego, nado en Celeiro (Viveiro) o 22 de novembro de 1920 e finado en Lons-Le-Saunier (Departamento de Jura), foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Na II República pertenceu ao sindicato de oficios varios da CNT de Covas. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e estivo tres meses encarcerado. Ao saír en liberdade incorporouse ao Grupo Neira. En maio do 1941 ingresou no PCE. A finais de 1944 foi designado secretario de organización e finanzas no Comité Comarcal de Viveiro, e enlace deste co provincial de Lugo. En marzo de 1946 ingresou na III Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. O 13 de decembro de 1946 logrou marchar rumbo a Francia xunto a outros guerrilleiros na evasión do Santa Teresa. Finou no hospital de Lons-Le-Saunier por unha tuberculose produto dos seus doce anos no monte.
Vida persoal
Casou con Genoveva Soto, coa que tivo tres fillos.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Do “Santa Teresa” á morte de Xosé Temblás. A fin da guerrilla no norte galego
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Francia Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes