Manuel del Río Botana, nado en Sar (Ordes) o 20 de outubro de 1918 e finado no mesmo concello o 15 de maio de 1945, foi un enlace da guerrilla antifranquista galega.
Traxectoria Domiciliado en Sar. Cando estalou o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 era menor de idade, tomou parte na defensa de Santiago de Compostela e da Coruña armado cunha escopeta e foi detido o 30 de xullo. Foi procesado xunto aos de Ordes e condenado a 12 anos e 1 día de cárcere. Pasou polas cadeas de Ordes, Santiago de Compostela, A Coruña, Vitoria e os Talleres Penitenciarios de Alcalá de Henares. A condena foi conmutada á metade do tempo de reclusión e saíu en liberdade provisional o 20 de xullo de 1941.BOE, 2-7-1941, p. 4901. Foi reclamado para cumprir o servizo militar obrigatorio e estivo destinado nun dos batallóns disciplinarios de soldados traballadores de Bilbao. De regreso a Ordes contactou co grupo de Manuel Ponte Pedreira. Morreu aos 26 anos a mans da Garda Civil o 15 de maio de 1945 no lugar de Queis, parroquia de Santa Cruz de Montaos (Ordes).
Na súa homenaxe, Manuel Ponte Pedreira creou en 1946 o destacamento que leva o seu nome, dentro da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Ordes Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 1945 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes