A lingua ticuna (tamén tikuna) é unha lingua falada por preto de 40 000 persoas na rexión do Amazonas occidental, na fronteira entre o Brasil, Colombia e o Perú. É a lingua nativa do pobo ticuna e está clasificada polo xeral como unha lingua illada, malia que puido estar relacionada co extinto yuri. É unha lingua tonal polo que o significado das palabras cos mesmos fonemas pode cambiar moito cambiando o ton empregado para pronuncialas. O ticuna está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas "Conversational Tikuna" – Curso de ticuna e gramática no Summer Institute of Linguistics Publicacións en ticuna para descargar

Categoría:Linguas ticuna-yuri Categoría:Linguas de Colombia Categoría:Linguas do Brasil Categoría:Linguas do Perú