Chámase “estado vexetativo persistente” ou "estado comatoso persistente" a unha condición clínica en que a persoa non dá ningún signo evidente de consciencia de si ou do ambiente, e parece incapaz de interactuar cos demais ou de reaccionar a estímulos adecuados.
O diagnóstico correcto é difícil e normalmente require unha longa e atenta observación en centros especializados. Algunhas destas persoas, cunha atención apropiada e rehabilitación, son capaces de saír do estado vexetativo. Pero moitos outros permanecen nese estado, mesmo durante anos, sen soportes tecnolóxicos.
Véxase tamén
Outros artigos Morte cerebral Síndrome de enclaustramento
Categoría:Saúde