miniatura|230px|Siren intermedia. miniatura|230px|Pseudobranchus axanthus. miniatura|230px|Pseudobranchus striatus. A dos sirenoideos (Sirenoidea)Non confudir con Sirenoidea van Beneden, 1855, un sinónimo de Sirenia, unha orde de mamíferos acuáticos que incúe os dugongos e os manatís. son unha pequena suborde (para algúns autores un clado) de anfibios caudados que comprende tan só catro especies reunidas nuha única familia, a dos sirénidos (Sirenidae), e repartidas en dous xéneros con dúas especies cada un, que vive no sueste dos Estados Unidos e o nordeste de México.Frost, D. R. Sirenidae. Amphibian Species of the World: an Online Reference. Ne2 York, USA: Museo Americano de Historia Natural. Consultado o 1 de abril de 2017.
Características Exhiben corpos alongados adaptados a unha vida completamente acuática, carecen de dentes pedicelados, extremidades reducidas (carecendo das posteriores) e pedomorfismo, ao reter as branquias na etapa adulta, o sistema da liña lateral e unha alimentación por succión (aínda que posúen unha mandíbula móbil).Duellman, W. E. & Trueb, L. (1994): Biology of Amphibians. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-4780-6.
Taxonomía Unha posición sistemática dubidosa Os primeiros estudos moleculares situaban este taxon como o grupo irmán das salamántigas (e por iso algúns autores inclúeno na suborde dos salamandroideos), pero análises posteriores de secuencias de xenes nucleares suxerían o clado Cryptobranchoidea (Cryptobranchidae e Hynobiidae) como o máis basal.Wiens, J. J. et al. (2005): Ontogeny discombobulates phylogeny: Paedomorphosis and higher-level salamander relationships. Systematic Biology 54: 91-110.Frost et al. (2006): The Amphibian Tree of Life . Bulletin of the American Museum of Natural History 297: 1–291.Roelants, K. et al. (2007): Global patterns of diversification in the history of modern amphibians. Proceedings of the National Academy of Sciences of the USA 104: 887-892.
Por outra parte, Zhang & Wake (2009) volveron situar os Sirenidae de acordo coa posición dos primeiros estudos, confirmando, ademais, o clado conformado por aqueles grupos con fecundación interna, polo que a fecundación externa (presente en Sirenidae, Cryptobranchidae e Hynobiidae) sería un carácter plesiomórfico.Zhang, P. & Wake, D. B. (2009): Higher-level salamander relationships and divergence dates inferred from complete mitochondrial genomes. Molecular Phylogenetics and Evolution 53: 492-508.
Descrición Esta nova suborde foi descrita en 2005 polo herpetólogo francés Alain Dubois.
Clasificación Suborde Sirenoidea Familia Sirenidae Xénero Pseudobranchus Pseudobranchus axanthus Pseudobranchus striatus Xénero Siren Siren intermedia Siren lacertina
Filoxenia As relacións filoxenéticas entre os xéneros e as especies da familia dos sirénidos son as seguintes:
O Cladograma está baseado en Moler & Kezer (1993) e Frost et al. (2006).Moler, P. E. & Kezer, J. (1993): "Karyology and systematics of the salamander genus Pseudobranchus (Sirenidae)". Copeia 1993: 39-47.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Gardner, J. D. (2003): "Revision of Habrosaurus Gilmore (Caudata; Sirenidae) and relationships among sirenid salamanders". Palaeontology 46 (6): 1089-1122. DOI: 10.1046/j.0031-0239.2003.00335.x Larson, A. (1991): "A molecular perspective on the evolutionary relationships of the salamander families". Evolutionary Biology 25: 211-277. Liu, F. R. et al. (2004): "Allozyme Variation in the Salamander Genus Pseudobranchus: Phylogeographic and Taxonomic Significance". Copeia 1: 136-144.
Outros artigos Urodelos
Ligazóns externas
Sirenidae en AmphibianWeb Sirenidae en Tree of Life
Categoría:Urodelos