Celia González Pernas, Celia da Ferrería, nada en Silán (Muras) o 12 de marzo de 1918 e finada na mesma parroquia o 21 de xuño de 1949, foi unha guerrilleira antifranquista galega.

Traxectoria Enlace da guerrilla. A caída de José Porto Lestegás e Benedicto Escourido Cobo precipitou a subida ao monte. Foi abatida nun enfrontamento coa Garda Civil en Forcón (Silán, Muras) o 21 de xuño de 1949 con José Pedreira de la Iglesia, Juan Gallego Abeledo, Juan Pérez Dopico e Josefa Escourido Cobo. Situada fóra da cabana cando se iniciou o cerco, caeu morta no primeiro intercambio de disparos. Estaba embarazada de oito meses.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

O 36 na Galiza, 1986, A Nosa Terra.

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Muras Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 1949 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes