Co termo selección podemos referirnos a: Selección natural: mecanismo esencial de evolución proposto por Charles Darwin e xeralmente aceptado pola comunidade científica como a mellor explicación para a xeración de especies ou especiación. Selección artificial: fai referencia aos cambios que se producen na evolución dunha especie propiciados por efecto do ser humano. Selección adversa ou anti-selección, termo usado en economía. Selección nacional: combinado de deportistas que representa a unha nación ou país.