Peugeot é unha marca fabricante de automóbiles, bicicletas e ciclomotores con sede en Poissy, Francia. Dende 2021 é unha filial de Stellantis.
A empresa familiar que precedeu ás actuais empresas Peugeot foi creada en 1810, converténdoa nunha das empresas de automóbiles máis antigas do mundo. O 20 de novembro de 1858, Émile Peugeot solicitou a marca rexistrada do león. Armand Peugeot (1849–1915) construíu o primeiro vehículo da compañía, un triciclo a vapor. En 1886, a compañía colaborou con Léon Serpollet, seguido do desenvolvemento dun coche de combustión interna en 1890, que utilizaba un motor Panhard - Daimler.
A familia e a empresa Peugeot son orixinarias de Sochaux, onde Peugeot aínda opera unha grande instalación de fabricación e o Museo Peugeot.
Historia 250px|miniatura|dereita|Peugeot 106 estilizado. A orixe da empresa Peugeot remóntase ós inicios do século XIX, cando Jean-Jacques Peugeot se instala preto de Doubs onde comenza a fabricar muíños de café. Este primeiro medio de produción trae como consecuencia despois do seu falecemento a creación dunha fábrica para a construción de muíños en Sous-Cratet. Os seus dous fillos, Jean-Pierre Peugeot e Jean-Georges Peugeot, crearán posteriormente un imperio produtivo. O menor dos dous, Jean-Pierre, lánzase posteriormente no sector do téxtil en Hérimoncourt. Este terá dous fillos, Jean-Pierre Peugeot júnior e Jean-Frédéric Peugeot, que transformarán o muíño de Sous-Cratet nunha fundación.
É en 1832 cando Jean-Pierre Peugeot funda a sociedade "Peugeot Frères aìnés" para a explotación da fundación de Sous-Cratet. Os resultados son bos e en 1833 unha segunda fábrica en Terre-Blanche é construída. En 1852 Jean-Pierre júnior morre deixando dous fillos, Jules e Émile. Estes dous van a explotar novos sectores do comercio da época.
En 1885 Armand Peugeot interésase por un novo invento, a bicicleta (que segue hoxe en día baixo o nome de Peugeot Cycles). Cabe aclarar que a familia Peugeot destacouse tamén (e aínda o fai) na fabricación artesanal de pementeiros e saleiros de mesa finamente decorados co león da marca. Tamén fabricaron ferramentas de alta calidade. Finalmente é en 1889 cando Armand se lanza á aventura do automóbil, presentindo o éxito que colleitará este novo medio de transporte. Sen sabelo Armand creou a que é hoxe en día a segunda marca de automóbiles con máis tradición do mundo: Peugeot.
Grupo 1974: PSA Peugeot compra Citroën a Michelin. 1977: PSA Peugeot absorbe a filial europea da americana Chrysler. 1980: PSA convértese en PSA Peugeot-Citroën.
Competición Campionato do mundo de Rallies 250px|miniatura|Juuso Pykälistö no seu Peugeot 206 WRC durante o Rally de Suecia 2003. Peugeot foi o dominador dos rallies do Grupo B co Peugeot 205 Turbo 16 durante os anos 1985 e 1986, tanto na categoría de construtores como na de pilotos, con Timo Salonen e Juha Kankkunen. A marca retirouse coa supresión da categoría Grupo B.
Peugeot regresou ó campionato do mundo de rallies a finais de 1999 co Peugeot 206 WRC, ganando tres veces o campionato de construtores (2000, 2001 e 2002) e dous o de pilotos con Marcus Grönholm (2000 e 2002). No ano 2004 o Peugeot 206 WRC é substituído polo 307, pero non consegue bos resultados. A finais do 2004 Peugeot anuncia a súa retirada ó rematar o 2005.
24 Horas de Le Mans
1988: Peugeot alcanza co seu WM P 88 os 407 km/h na "Ligne Droite des Hunaudières" no circuíto da Sarthe, o que significou un novo récord aínda vixente. 1992: Peugeot gaña as 24 Horas de Le Mans co seu bólido 905, triplete de Warwick, Dalmas e Blundell. 1993: Peugeot gaña as 24 Horas de Le Mans co seu bólido 905, triplete de Brabham, Helary e Bouchut.
Fórmula 1
1994: Peugeot participa na máxima especialidade da man do equipo McLaren, logrando o cuarto posto no Mundial de Construtores. 1995 - 1997: Peugeot cambia os McLaren polos Jordan, sendo quintos no Mundial en ambos anos. 1998 - 2000: Menos afortunada a última etapa de Peugeot na Fórmula 1, estando tres anos asociados a Prost, a escudería do mítico Alain Prost.
O propulsor Peugeot mostrouse sempre como un dos máis potentes e fiables nas súas diferentes versións. Peugeot retiraríase da Fórmula 1 en 2000, deixando tras de si a participación en 115 Grandes Premios.
Modelos Series SeriePeríodoModelo Serie 1001972 - 1991Peugeot 1041991 - 2003Peugeot 1062005Peugeot 107 Serie 2001929Peugeot 2011938Peugeot 2021948Peugeot 2031965Peugeot 2041983Peugeot 205
Peugeot 205 T16 (1985)1999Peugeot 206 Peugeot 206 GT (2000) Peugeot 206 SW Peugeot 206 CC (2001) Peugeot 206 RC (2003) Peugeot 206 Sedan (2006)2006Peugeot 207 Serie 3001932Peugeot 3011936Peugeot 3021969Peugeot 3041977Peugeot 3051993Peugeot 3062001Peugeot 307
Peugeot 307 SW Peugeot 307 CC Peugeot 307 WRC2007Peugeot 3081985Peugeot 309 Serie 4001934Peugeot 4011935Peugeot 4021955Peugeot 4031960Peugeot 4041987Peugeot 4051995Peugeot 406
Peugeot 406 Cupé (1996)2004Peugeot 407
Peugeot 407 SW (2004) Peugeot 407 Cupé (2005)2010Peugeot 408 Serie 5001968Peugeot 5041982Peugeot 5052011Peugeot 508 Serie 6001934 - 1935Peugeot 6011975Peugeot 6041989Peugeot 6051999Peugeot 607 Serie 8001994 - 2002Peugeot 8062002Peugeot 807 Serie 900 Peugeot 905Peugeot 908 Serie 1000 2005Peugeot 1007 Serie 3000 2009Peugeot 3008 Serie 4000 2007Peugeot 4007 Serie 5000 2009Peugeot 5008
Outros TipoPeríodoModeloClásicosPeugeot Type 1Peugeot Type 2FurgonetaPeugeot Expert1994Peugeot Boxer1997Peugeot P4Motocicletas2004Peugeot Speedfight 2Peugeot FoxPrototipos1984Peugeot Quasar1986Peugeot Proxima1988Peugeot Oxia1994Peugeot Ion1996Peugeot Touareg1996Peugeot Asphalte1997Peugeot 806 Runabout1998Peugeot 20♥1998Peugeot 206 Escapade2000Peugeot Les City Toyz2000Peugeot 607 Féline2002Peugeot Sésame2002Peugeot 607 Pescarolo2002Peugeot 3♥7 cc2002Peugeot H2O2002Peugeot RC2003Peugeot Hoggar2003Peugeot 407 Elixir2003Peugeot 40022004Peugeot 407 Silhouette2004Peugeot Quark2004Peugeot 9072005Peugeot Cupé 407 Prologue2005Peugeot 20Cup2006Peugeot 908 RC
Peugeot — Unha marca do Grupo PSA — desde 1950 ata o presenteTipo1950s1960s1970s1980s1990s2000s012345678901234567890123456789012345678901234567890123456789Mini104106107Compacto203204205206207304305306307Clase media403404405406407408Alta gama504505604605607Monovolume806807Minivolume1007SUV (4x4)Peugeot P44007
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Peugeot España
Categoría:Peugeot