Pontevedra é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. Limita ao norte coa provincia da Coruña, ao leste coa provincia de Ourense e a provincia de Lugo, ao sur con Portugal e ao oeste co océano Atlántico. A súa capital é a cidade de Pontevedra, con 83.316 habitantes en 2025, sendo Vigo a súa maior cidade cunha poboación de 294.489 habitantes (2025). É a provincia máis pequena e a segunda máis poboada de Galicia tras a provincia de A Coruña. miniatura|Pontevedra, por Francisco Coello, 1856.
Historia
Xeografía A extensión xeográfica da provincia é de 4.494,64 km², o que a converte nunha das provincias menos extensas de España, só por riba das provincias vascas e canarias.
Xeoloxicamente, considérase dividida en tres seccións verticais: unha zona costeira cara a occidente, unha zona de montaña cara a oriente e unha depresión central.
miniatura|250px|Rías baixas galegas, con indicación dos ríos e illas. A fachada marítima está formada por 398 km de costas peninsulares e 109 km de costas insulares, entre a ría de Arousa (que separa Pontevedra da Coruña) e a desembocadura do Miño (que a separa de Portugal). Outras rías definitorias da costa pontevedresa son a de Pontevedra e a de Vigo. Constitúen o conxunto denominado Rías Baixas e son as rías galegas máis grandes: de entre 20 e 30 km de lonxitude e de profundidades que chegan a supera-los 50 metros. Fronte a estas rías distribúese un importante número de illas e illotes, entre as que cómpre destaca-los arquipélagos de Ons e as Cíes, así como as illas de Cortegada, Malveiras, Arousa, A Toxa, Tambo, San Simón e Toralla.
A partir deste bordo costeiro ábrese unha chaira cunha altitude media que varía entre os 100 metros na foxa de Caldas ós 500-800 metros no centro e sur. Nesta chaira elévanse alturas residuais como os montes Xiabre, Castrove, o Galiñeiro ou A Groba.
Cara ó leste érguese unha zona montañosa conformada polas cadeas de Farelo, Faro, Candán ou do Suído, entre outras.
Hidrografía A provincia está percorrida por diversos ríos, todos eles de dirección leste-oeste, de caudal abundante e regular. Son o Ulla (que marca o límite coa provincia da Coruña), o Umia, o Lérez, o Verdugo, o Oitavén e o Miño (que marca o límite con Portugal). A esta rede fluvial hai que sumar numerosos cursos menores que van desemboscar na costa atlántica.
Cómpre destaca-los encoros de Portodemouros (no río Ulla), Eiras (no río Oitavén), Pontillón, Caldas e Zamáns.
Climatoloxía O clima dominante é o atlántico temperado húmido, normalmente benigno polo efecto moderador oceánico. Tendo en conta os datos procedentes da estación de Lourizán (representativos das Rías Baixas) e de Mouriscade (Lalín) (representativos da zona alta do interior), a temperatura media oscila en torno ós 15 °C. As máximas superan os 30 °C en xullo e agosto e as mínimas chegan ós 0 °C en xaneiro, aínda que no interior poden chegar a -14 °C.
As choivas son abondosas, polas de masas de aire húmidas introducidas polas correntes de suroeste que penetran facilmente ó longo das rías. As cifras medias oscilan entre os 1.500 e os 2.000 milímetros de auga anuais na costa e superan os 2.000 mm no interior montañoso, onde non son raras as precipitacións en forma de neve. As néboas son un fenómeno habitual, sobre todo ó longo dos ríos.
Espazos naturais miniatura|Illas Cíes. As condicións orográficas e climatolóxicas permitiron un alto nivel de biodiversidade en distintas zonas da provincia, algunhas delas recoñecidas como espazos naturais con diferente grao de protección: Parque Nacional: Illas Atlánticas Compartido coa provincia da Coruña. (agás o arquipélago de Sálvora que pertence ó concello coruñés de Ribeira) Parques Naturais: Monte Aloia. Zonas especiais de Conservación (ZEC): Baixo Miño. Costa da Vela. Enseada de San Simón. Brañas de Xestoso. Cabo Udra. Complexo Ons-O Grove. A Ramallosa. Gándaras de Budiño. Illas Cíes. Illas Estelas. Monte Faro. Serra do Candán. Serra do Cando. Río Lérez. Sobreiral do Arnego. Sistema fluvial Ulla-Deza. Río Tea. Monumento Natural: Fraga de Catasós. Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA): Complexo Intermareal Umia-O Grove. Illas Cíes. A Ramallosa Zona Húmida de Importancia Internacional (RAMSAR): Complexo Intermareal Umia-O Grove. Outros espazos: Serra do Suído e do Faro de Avión. Río Umia. Costa de Baiona-A Guarda.
Economía
Demografía
A súa poboación é de 952.060 habitantes en 2025 (459.776 homes e 492.284 mulleres). Representa o 34,99 % da poboación galega aínda que, en superficie, Pontevedra só supón o 15,2 %. A cidade máis grande e poboada da provincia é Vigo.
Obsérvase un crecemento demográfico constante desde os censos que tiña xa no XIX (457.262 habitantes en 1900, 641.763 en 1940), atenuándose o incremento notablemente entre os anos 1940 e 1960 a consecuencia da emigración a Europa e a outras zonas de España. Esta tendencia estabilizadora rómpese co desenvolvemento industrial de Vigo que, nos últimos decenios do século XX, permite incrementos no censo de ata o 13 % entre os anos 70 e 80. A partir deste momento prodúcese unha nova desaceleración (a poboación crece só un 2 % entre os anos 1990 e 2000) mantendo unha liña ascendente até o ano 2011.
Pontevedra é a segunda provincia máis poboada da Comunidade e tamén a máis pequena, cunha densidade de poboación en 2020 de 210,34 habitantes por km², fronte á media de 91,36 no conxunto de Galicia. A poboación distribúese de forma moi irregular e aparece concentrada nos municipios costeiros: só Pontevedra e Vigo concentran o 40,19 % dos habitantes da provincia.
miniatura|Evolución demográfica de Vigo desde 1900. A concentración de habitantes en Vigo Vigo creceu desde os 30.000 habitantes en 1910 a 297.241 en 2011. trouxo consigo a demanda desta cidade de situar alí certos servizos administrativos. Tanto a Administración autonómica como a periférica estatal localizaron en Vigo diversas unidades administrativas, como a Delegación Provincial de Pesca. Este fenómeno tamén deu pé a movementos sociais que reivindican a capitalidade ou a creación dunha quinta provincia galega que acolla a Vigo e a súa área de influencia. Coa reforma da estrutura orgánica periférica da Xunta aprobada polo goberno de Feijóo a principios de 2009, Vigo equipárase ás catro capitais de provincia coa creación de cinco Delegados do Goberno.
Divisións administrativa e relixiosa miniatura|Mapa dos concellos de Pontevedra distribuídos por comarcas. Pontevedra divídese en 61 concellos (véxase a lista de concellos de Pontevedra), distribuídos en 10 comarcas Decreto 65/1997, de 20 de febreiro, polo que se aproba definitivamente o mapa comarcal de Galicia (DOG nº 63, de 3.04.1997).: O Baixo Miño: comprende os seguintes concellos: A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui. Caldas: comprende os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga. O Condado: comprende os concellos de Mondariz, Mondariz Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño. Deza: comprende os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. Morrazo: comprende os concellos de Bueu, Cangas de Morrazo, Marín e Moaña. A Paradanta: comprende os concellos de Arbo, A Caniza, Covelo e Crecente. Pontevedra: comprende os concellos de Barro, O Campo Lameiro, Cotobade (fusionado co de Cerdedo, da comarca de Tabeirós-Terra de Montes), A Lama, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa. O Salnés: comprende os concellos de Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa. Tabeirós-Terra de Montes: comprende os concellos de Cerdedo (fusionado con Cotobade, da comarca de Pontevedra), A Estrada e Forcarei. Vigo: comprende os concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Soutomaior e Vigo.
Así mesmo, a provincia está dividida en 7 partidos xudiciais (Cambados, A Estrada, Lalín, Ponteareas, Pontevedra, Tui e Vigo).
Os concellos pontevedreses distribúense en tres dioceses: de Tui-Vigo: ao sur da ría de Vigo e o río Verdugo, de Lugo: a comarca do Deza, e de Santiago de Compostela: resto da provincia.
Lista dos concellos da provincia con máis de 10 000 habitantes en 2025:
miniatura|
Posición Concello 2022 1º Vigo 292 374 2º Pontevedra 82 828 3º Vilagarcía de Arousa 37 677 4º Redondela 29 055 5º Cangas de Morrazo 26 832 6º Marín 24 034 7º Ponteareas 23 049 8º O Porriño 20 408 9º Lalín 20 201 10º A Estrada 20 106 11º Moaña 19 474 12º Nigrán 18 054 13º Sanxenxo 17 760 14º Tui 17 375 15º Poio 17 276 16º Mos 15 199 17º Gondomar 14 97018º Tomiño 13 77919º Cambados 13 671 20º Baiona 12 349 21º Bueu 11 978 22º O Grove 10 809 23º Vilanova de Arousa 10 240 24º Salvaterra de Miño 10 079 25º A Guarda 10 013
Lista de concellos de Pontevedra
Símbolos de Pontevedra miniatura|Escudo da cidade de Pontevedra. No escudo de Pontevedra represéntase, sobre fondo azul, unha ponte de tres ollos, con elementos da muralla nos extremos da ponte e un cruceiro no centro. Estes mesmos elementos forman o escudo da capital.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Gran Enciclopedia Galega, s. v. Pontevedra LEIRO, Adela; DAPORTA, Mon e CAAMAÑO RIVAS, Víctor: Espazos naturais. Provincia de Pontevedra. A Nosa Terra, Vigo, 2003.
Outros artigos Deputación de Pontevedra Provincia de Vigo
Ligazóns externas Deputación de Pontevedra Universidade de Vigo
Pontevedra