miniatura|Illa Pancha en xullo de 2015. A illa Pancha é o extremo occidental da saída da ría de Ribadeo, fronte á Punta da Cruz.

Xeografía e historia Está situada na punta nordeste do concello de Ribadeo, e acolle o principal faro da contorna. Está unida a terra por unha ponte refeita con formigón armado no ano 1983. Próximo a ela está o miradoiro da illa Pancha, incluído na ruta dos miradoiros.

Ten unhas 1,1 hectáreas e orografía escarpada e recortada, aínda que chá no seu cumio, onde está instalado o vello faro de illa Pancha, construído en 1857. O novo faro, na zona norte, é do último cuarto do século XX (1983).

A illa tivo unha estación meteorolóxica a finais dos anos 1920.

Xeoloxía e bioloxía A súa costa é rochosa e ten vexetación de plantas costeiras que lle dá unha cor moi variable ó longo do ano, incluída a invasora 'unlla de gato'.

Panchorro Nas súas proximidades desenvólvese unha onda que polas súas características (ata 20 m de altura) é codiciada polos surfistas, pretendéndose organizar un campionato en función da súa aparición, o "IIla Pancha Challenge".

Polémica sobre o hotel No ano 2014 comezou o proceso para que o faro sexa usado coma hotel, contando con oposición veciñal. Está catalogada como Zona 2, Área de Conservación, dentro do Plan Director da Rede Natura 2000, zonas que a priori non están autorizadas para uso turístico. Pese ó anterior, en abril de 2017 o vello edificio comezou a ter actividade como apartamentos turísticos. En 2019 o colectivo de Ribadeo Por Nuestro Faro denunciou restricións de acceso.. En agosto de 2021 a empresa hostaleira abriu unha cafetería con terraza.

En 2022 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia reiterou a obriga de que a illa tivese acceso libre ao ser un espazo natural.

Dependencia administrativa A illa é administrada pola Autoridade Portuaria de Ferrol-S. Cibrao.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Autoridade Portuaria de Ferrol-S.Cibrao (en castelán)

Categoría:Ribadeo Pancha, Illa